ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Rosón busca a integración na Almáciga cunha nova rúa entre Basquiños-Santa Clara e a rúa Arzúa

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de diciembre de 2023 a las 20:26

Compartir
  • Levará unha proposición ao pleno deste xoves para que se execute unha conexión entre ambas rúas, como figura no Plan Especial
  • Instará ao goberno local, ademais, a programar a creación dun equipamento deportivo e un aparcadoiro nun barrio “moi densamente poboado”

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023.- Os socialistas propoñen a apertura dun viario que conecte a rúa dos Basquiños, na altura do convento de Santa Clara, coa rúa de Arzúa. Trátase dunha rúa que xa contempla o Plan Especial vixente e na que, explica a concelleira Mercedes Rosón, “xa comezamos a traballar no goberno socialista”.

En forma de proposición instarán no pleno deste xoves ao goberno local a darlle continuidade a esta actuación que, explican, “permitiría pechar o artellamento deste importante barrio da nosa cidade, favorecendo a mobilidade tamén en toda a zona da Estila, Espírito Santo, Ultreia, Basquiños e mesmo San Caetano”.

“Todas somos coñecedoras do tráfico que soporta actualmente a rúa dos Basquiños e da necesidade de mellorar as conexións da cidade histórica coa Almáciga” insiste Rosón, que recalca que esta apertura tamén daría servizo ao alumnado do CEIP Apóstolo Santiago. Así, instan ao executivo local a iniciar o proxecto de expropiación do solo necesario para a execución do viario.

Tamén na proposición que se debaterá este xoves en Raxoi, propoñen os socialistas que se programe unha zona deportiva no barrio, recollida tamén no mesmo plan. Trátase dun espazo reservado, ao carón do mesmo viario de nova creación, e que ademais do equipamento deportivo disporía dunha bolsa de aparcadoiro: “instaremos ao goberno a programar e estudar a expropiación dos terreos necesarios para crear este equipamento tan necesario e demandado polas veciñas e veciños da zona” recalca Rosón.

Etiquetas

almacigamercedes rosonpoliticapsoesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo