ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Rosón acusa ao bipartito de “inacción” ante o problema da vivenda

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2024 a las 19:33

Compartir
  • A edil socialista preguntará no pleno de mañá ao concelleiro de Urbanismo polos pasos dados na documentación da declaración que, lembra, pola adaptación galega da Lei polo Dereito á Vivenda, deben motivar os concellos
  • “As familias novas e a xente moza precisa que alguén poña límite a uns prezos de alugueiro que non deixan de medrar” asegura Rosón

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024. O Grupo Municipal Socialista non parece disposto a baixar os brazos e levará novamente ao pleno de mañá a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado ante a deriva dos prezos do alugueiro en Santiago, que na última década medraron nun 55% segundo datos do Observatorio de Vivenda de Galicia.

Mercedes Rosón acusa ao executivo de Sanmartín de “inacción ante o problema da vivenda” e pedirá explicacións ao concelleiro de Urbanismo polos avances acadados na
documentación para motivar a declaración. Lembra Rosón que os socialistas solicitaran xa no pleno do mes de xaneiro que o Concello iniciara os trámites para motivala e, desde entón, “non se coñecen avances salvo un contrato menor en xullo para a elaboración dun informe-diagnose da situación da vivenda en Santiago”.

A edil socialista tampouco aforra en críticas á Xunta de Galicia a quen acusa de “entorpecer os trámites para dificultar o acceso á declaración”, toda vez que o goberno de Alfonso Rueda incorporou na adaptación galega da Lei estatal polo Dereito á Vivenda novas esixencias, como a creación dunha mesa sectorial.

“Estamos ante unha cuestión estratéxica e fundamental para mellorar a vida das persoas que queren vivir en Santiago, e que queren facelo sen deixar máis da metade do seu soldo só no alugueiro” defendeu Rosón quen reclama “dilixencia” ao goberno local porque, de momento, “á espera de explicacións”, asegura que “pouco ou ningún avance houbo nesta cuestión, e as familias novas e a xente moza precisa que alguén poña límite a uns prezos de alugueiro que non deixan de medrar”.

Etiquetas

compostelamercedes rosonpoliticapsoesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo