ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

Rois réndelle homenaxe a Xan do Pemento e xunta centos de persoas na Festa do Santo Isidro

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de mayo de 2024 a las 18:26

O alcalde Ramón Tojo e Juan Manuel Calvo, Xan do Pemento, no centro, coas 650 persoas asistentes á festa detrás

Compartir
  • Juan Manuel Calvo Agrasar herdou unha tenda de comestibles na parroquia de Seira que se converteu nun referente gastronómico e cultural na comarca
  • O ex árbitro Quique Ramos asegura no pregón que o “deporte e bo para aprender dos demais e fomentar a convivencia”
  • O alcalde Ramón Tojo entrégalle a Lara Barreiro o premio como autora do cartel anunciador da festa
  • As orquestras Charleston Big Band e La Fórmula pechan mañá as festas patronais cunha verbena que comezará ás 22.30 horas

Rois. 15-5-2024. A veciñanza de Rois volveu participar masivamente na festividade do Santo Isidro, patrón do municipio, coa participación dunhas 650 persoas no xantar popular celebrado no polideportivo dos Dices. O Concello fíxolle un recoñecemento ás persoas centenarias e rendeulle homenaxe a Juan Manuel Calvo Agrasar, pola súa dedicación á taberna O Pemento, entregándolle o galardón Santo Isidro Labrador. O ex árbitro roisense Quique Ramos foi o encargado de ler o pregón e Lara Barreiro recolleu de mans do alcalde o premio como autora do cartel anunciador da festa. Os actos rematan mañá, 16 de maio, coa gran verbena amenizada polas orquestras Charleston Big Band e La Fórmula no campo da festa.

Xan do Pemento, como se lle coñece na comarca do Sar, foi a alma máter da popular taberna de Seira ata que se xubilou hai cinco anos. En 1964 o seu pai puxo en marcha unha tenda de comestibles na casa familiar, “a tenda do olvido” como lle chamaba Xan, a onde a veciñanza ía buscar o que se esquecera de mercar. Coa chegada do campo de golf, na tenda comezaron a servir tortillas e vai evolucionando ata converterse no que hoxe en día é O Pemento, un taberna caracterizada pola comida caseira de calidade e por ser un epicentro cultural no que poden expresar a súa creatividade artistas da comarca. Xan xubilouse en 2019 e colleu o relevo Jesús Mosquera, Chus.

Nos actos oficiais para conmemorar as festas patronais, o Concello de Rois entregoulle a Juan Manuel Calvo Agrasar o recoñecemento Santo Isidro Labrador pola súa dedicación á taberna O Pemento. “Durante os sesenta anos que O Pemento leva aberta, primeiro como tenda e logo como taberna, sempre buscamos darlle aos nosos clientes o mellor da nosa terra e o mellor de nós mesmos para que quixeran voltar. Grazas a eles hoxe recibo esta homenaxe”, dixo Xan do Pemento, que tamén tivo palabras de agradecemento para o alcalde e para o Concello de Rois. Un grupo de gaiteiros, amigos do homenaxeado, dedicáronlle unha canción despois de recibir o premio.

Antes da homenaxe, pronunciou o pregón o ex árbitro auxiliar Quique Ramos, natural de Seira e que traballou como xuíz de liña durante case trinta anos, dezasete deles en Primeira e Segunda División. Ramos comezou a xogar ao fútbol no campo que está diante da taberna O Pemento. “Marcado pola derrota do Real Madrid diante do Tenerife en 1992 e polo Mundial de Estados Unidos”, Ramos Ferreiros fíxose árbitro en 1995. En 2006 ascendeu a Segunda División, sete anos máis tarde comezou a súa andaina de sete temporadas na Primeira División, e logo volveu estar outros cinco anos asubiando en Segunda.

Quique Ferreiros resaltou que hoxe o CD Rois e a SD Urdilde están xogando en Segunda Galicia, e que os xuvenís do Rois ascenderon a Primeira Galicia. Ao ex árbito parécelle “algo marabilloso” que as escolas deportivas municipais “lle ofrezan á rapazada a posibilidade de practicar unha chea de deportes distintos”. Segundo afirmou o pregoeiro, “o deporte, ademais de ser bo para a saúde, é unha ferramenta estupenda para aprender dos demais, buscar puntos de encontro e fomentar a convivencia, algo moi necesario na nosa sociedade”.

Xantar popular e verbena

O pregón e a homenaxe celebráronse no polideportivo municipal dos Dices, no que tamén se lles fixo un recoñecemento ás persoas centenarias do municipio. Todos os asistentes puideron ver unha fotografías dos homenaxeados, a quen o alcalde e membros do goberno municipal lles entregaron un agasallo ao longo do último ano coincidindo coa data do seu aniversario. “Sempre estaremos en débeda cos nosos maiores, que traballaron tanto para deixarnos un legado que nós agora queremos preservar e mellorar”, asegurou o alcalde, Ramón Tojo.

Ademais de darlle o recoñecemento Santo Isidro Labrador a Juan Manuel Calvo Agrasar e un detalle ao pregoeiro, Ramón Tojo tamén lle entregou o premio a Lara Barreiro como gañadora do concurso e autora do cartel anunciador das Festas do Santo Isidro 2024.

Ao xantar oficial asistiron o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da consellería de Agricultura, José Balseiros; o alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado da tenente de alcalde Chus Campos, e o tenente alcalde de Dodro, así como membros da Corporación de Rois, o capitán da Garda Civil de Noia e a sarxento comandante do posto de Padrón.

Ao rematar os actos oficiais, unhas 650 persoas participaron no tradicional xantar popular e puideron degustar empanada, polbo e carne ao caldeiro servida por pulperia Veloso. Pequenos e maiores participaron despois nos xogos e na sobremesa animada polo Dúo Son II.

As festas do Santo Isidro de Rois comezaron a primeira hora da mañá coas bombas de palenque e a alborada que o OCT Chorima ofreceu en Urdilde e en Rois. Logo, na misa solemne celebrada á unha da tarde na igrexa parroquial, o alcalde e concelleiros do goberno volveron sacar en procesión a imaxe do patrón de Rois.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As festas rematarán mañá, xoves, cunha gran verbena que comezará ás 22.30 horas no campo da festa e que estará amenizada polas orquestras Charleston Big Band e La Fórmula.

Etiquetas

festa do santo isidroradio lider santiagoroisxan do pemento
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois
Actualidad

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois