ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Rematan con éxito as actividades de Educación Viaria da Policía Local de Santiago

08/05/2024 Máis de 500 rapaces e rapazas dos centros escolares de Santiago participaron na VI Gala pola Seguridade Viaria coa que a Policía Local pecha as actividades de Educación Viaria dirixidas ao alumnado de 4º de Primaria. No transcurso da festa fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado ao abeiro do programa.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de mayo de 2024 a las 18:16

Compartir

A VI Gala pola Seguridade Viaria xuntou no Auditorio a boa parte do alumnado que ao longo do curso participou no programa, que ten como obxectivo fomentar entre os e as escolares a importancia da seguridade viaria, para que actúen correctamente como peóns ou ciclistas, e nun futuro sexan conductores e conductoras responsables. Para iso, a Policía Local imparte charlas teóricas nos colexios, que se ven complementadas con actividades prácticas na vía pública.

Teatro e entrega de premios

Na sesión de hoxe, á que asistiron a alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, e representantes de todos os grupos municipais; os rapaces e rapazas asistiron a un espectáculo teatral da compañía Gazafellos, no que tamén interviron axentes da Policía Local para ligar a obra coas nocións sobre seguridade viaria que lle achegaron ao alumnado ao longo do curso.
Tras a representación, fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado pola Policía Local. Tres das ilustracións gañadoras foron seleccionadas por un xurado, e a cuarta a través das redes sociais. As súas autoras recibiron como agasallo unha bicicleta e un casco. Ademais, entregáronse os diplomas acreditativos a todos os nenos e nenas que fixeron parte do programa de Educación Viaria.


Homenaxe a Carlos González Rendo

A VI Gala da Seguridade Viaria convertiuse, ademais, nunha homenaxe a Carlos González Rendo, policía local do departamento de Educación Viaria que participou por última vez no programa por mor da súa próxima xubilación. O axente recibiu numerosos agasallos por parte de todos os colexios que adoitan participar neste programa, así como o recoñecemento de todos os nenos e nenas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Gala finalizou coa intervención do concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, que reiterou a aposta do Concello por este programa de educación viaria «porque formar aos nenos e nenas é a mellor maneira de garantir que teñamos no futuro unha cidade máis amable». Para iso, o edil pediulle a todos os rapaces e rapazas «que difundan todo o que aprenden da man da Policía Local neste programa entre a súa familia e as súas amizades, para construir entre todos unha sociedade máis respectuosa e máis segura».

Etiquetas

compostelaPolicia localsantiagoseguridade vial
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Garda Civil felicita á Policía Local de Rianxo pola súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas
Comarca

A Garda Civil felicita á Policía Local de Rianxo pola súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Multado en Santiago por conducir un patinete por la acera, portar un arma blanca e insultar a la Policía
Destacado

Multado en Santiago por conducir un patinete por la acera, portar un arma blanca e insultar a la Policía