ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Rematan as obras no primeiro tramo da rúa do Pombal con apertura ao tráfico

05/09/2024 Os concelleiros de Obras e de Mobilidade, Xesús Domínguez e Xan Duro, respectivamente, visitan os traballos en execución, que evolucionan nos prazos programados.

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de septiembre de 2024 a las 20:06

Compartir

A rúa do Pombal abrirá mañá á circulación na súa intersección co Cruceiro do Gaio (Travesa do Cruceiro do Gaio e Campo das Hortas), unha vez rematadas as obras neste primeiro tramo do viario. O goberno local anunciou que os traballos entran nunha nova fase nun acto público cos medios, e está remitindo información cumprida aos centros educativos e a todas as vivendas cun ‘buzoneo’ na que se inclúe a información de interese.

No acto deste xoves, estiveron o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, o responsable de Mobilidade, Xan Duro, e membros da dirección facultativa da obra e do servizo municipal de Obras e Servizos para atender ás preguntas dos medios de comunicación e trasladar a información á veciñanza.

O concelleiro de Obras destacou que quedaron executadas as conexións, as redes de saneamento e abastecemento co obxectivo de «remudar estas instalacións obsoletas e para mellorar o funcionamento, reducir as incidencias que se poidan dar en todas as redes e mellorar a accesibilidade de toda a veciñanza».

Domínguez defendeu que esta obra, xunto con outras que o departamento municipal está a impulsar noutros puntos do concello ou que pretende impulsar forman parte dun «novo modelo de reformas urbanas» que o goberno local quere implantar. Ademais, enmárcase nos retos que xa definiu a alcaldesa, Goretti Sanmartín, neste principio de curso político: a mobilidade e a veciñanza no centro das políticas. «Unha Compostela que sexa mellor para vivir, unha Compostela boa de vivir, na que as persoas sexan o centro das políticas públicas», sentenciou.

Cambios na mobilidade

Pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade deu conta das mudanzas para o tránsito que suporá a apertura do primeiro tramo da rúa do Pombal na súa intersección con Cruceiro do Gaio. Xan Duro explicou que a partir de mañá venres, os vehículos que circulen por Campo do Cruceiro do Gaio en dirección Galeras, incorporaránse por Cruceiro do Gaio, na manobra que era habitual antes do comezo das obras. Poza de Bar volverá ser utilizado únicamente polos vehículos que circulan en dirección saída da cidade, desde a rúa das Galeras.

Zonas de carga e descarga e de uso de residentes

Ademais, apuntou o edil, créase unha área de carga e descarga provisional, no tramo comprendido entre Poza de Bar e Cruceiro do Gaio, no que será o carril de subida unha vez finalice toda a reurbanización do Pombal. Atendendo as demandas dos e das residentes, haberá tamén dúas zonas de parada de 15 minutos para o seu uso exclusivo: unha ao carón do cruce con Cruceiro do Gaio, e a outra na parte alta da rúa, ao carón da praza de San Clemente, que se será para uso de reparto e residentes.

Xan Duro salientou que «cumprimos o obxectivo de ter recuperada a circulación por Cruceiro do Gaio antes do comezo do curso escolar, tendo en conta que esta é unha zona de moito tránsito de vehículos vinculados tanto ao CEIP Pío XII como ao Raíña Fabiola». Os dous centros, así como a Universidade de Santiago, foron informadas xa dos cambios na mobilidade que entrarán en vigor mañá, para que llelo trasladen ás súas respectivas comunidades educativas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Nestes días vaise repartir un folleto explicativo tanto nos centros educativos como entre a veciñanza afectada, para dar conta da marcha das obras do Pombal e dos traballos xa realizados, e para explicar as mudanzas na mobilidade derivadas do remate da primeira/segunda fase dos traballos.

Etiquetas

noticias compostelaobrasradio lider santiagorua pombalsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha