ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Rematan as obras da segunda fase de reurbanización da rúa Fraga do Rei en Arzúa

Arzúa, 28 agosto 2025. O Concello de Arzúa vén de concluír a segunda fase das obras de reurbanización da rúa Fraga do Rei, unha intervención cun investimento de máis de 480.000 euros. Os traballos abrangueron un tramo de máis de 250 metros, desde a avenida de Lugo até a rúa Castelao, e dan continuidade á primeira fase realizada en 2019.

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de agosto de 2025 a las 12:56

Compartir

A actuación permitiu ampliar beirarrúas, ordenar as zonas de estacionamento e establecer un carril de sentido único. Tamén se renovou o pavimento, substituíronse as redes de saneamento e abastecemento de auga, canalizáronse as pluviais, plantáronse árbores e instalouse novo mobiliario urbano, colectores soterrados e sinalización horizontal e vertical.

A concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado, subliñou que “é unha obra grande, que supuxo un esforzo importante tanto económico como de coordinación coa veciñanza. Grazas á súa comprensión puidemos executar unha intervención que mellora de maneira clara a accesibilidade, a seguridade viaria e a calidade de vida dos veciños e veciñas”.

Pola súa banda, o alcalde, Xoán Xesús Carril, destacou que “coa finalización desta segunda fase damos un paso máis no noso compromiso de modernizar as infraestruturas do noso concello. Fraga do Rei é unha das arterias principais do municipio e agora presenta unha imaxe renovada, acorde coas necesidades actuais da cidadanía”.

O Concello de Arzúa agradece de novo a colaboración da cidadanía durante os meses que duraron as obras e anima a facer uso deste espazo urbano renovado, pensado para un tránsito máis seguro, ordenado e accesible

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.