Rematan as obras da segunda fase de reurbanización da rúa Fraga do Rei en Arzúa
Arzúa, 28 agosto 2025. O Concello de Arzúa vén de concluír a segunda fase das obras de reurbanización da rúa Fraga do Rei, unha intervención cun investimento de máis de 480.000 euros. Os traballos abrangueron un tramo de máis de 250 metros, desde a avenida de Lugo até a rúa Castelao, e dan continuidade á primeira fase realizada en 2019.