ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos, por preto de 450.000 euros

27/11/2023.- A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á primeira fase da «Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos», cun orzamento base de licitación de 448.450,20 euros, enmarcado no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Tamén se aprobou a rescisión do contrato para as obras de rehabilitación do palacete da finca do Espiño.

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2023 a las 16:00

Compartir

A actuación «Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos (fase I)», contará cun orzamento base de licitación de 448.450,20 euros e está incluída no POS+ Adicional 2/2022 da Deputación da Coruña. A obra ten por obxecto a mellora do espazo público dispoñible no viario municipal que discorre dende A Pajuela e segue ata o Campo da festa de Marrozos mediante o seu acondicionamento con actuacións de pavimentación e formación de cuneta transitable en ambas marxes.

Pódense distinguir dúas zonas de actuación, diferenciadas polo cruzamento sobre a N-525: ao oeste, cun viario duns 4 metros de ancho mais cunetas en terra a ambas marxes; e ao leste da ponte, un treito máis urbanizado e cunha configuración totalmente independente, composto por un eixe dende a ponte con calzada de dous carrís de 3,50 metros cada un, máis beirarrúa pola marxe sur e un viario transversal que se corresponde co antigo trazado da estrada nacional e que presenta na actualidade a súa plataforma totalmente pavimentada.

Para a mellora da seguridade viaria proponse, nunha lonxitude duns 900 metros no camiño principal e de mais de 150 metros no treito inferior transversal; o aproveitamento do espazo dispoñible coa execución dunha cuneta de seguridade transitable en ambas marxes da estrada. Esta cuneta estará formada por quince centímetros de zahorra e doce de formigón; e delimitada exteriormente con bordo, tamén de formigón, previa canalización con tubaxe plástica para a recollida de pluviais. Prevese ademais a execución de catro muros de pedra para contención do movemento de terras necesario.

Para a mellora do firme o proxecto prevé unha capa de 5 centímetros de mestura bituminosa quente, previo rebacheo con grava e tratamento asfáltico. Actuarase, en concreto, sobre unha superficie de 6.175 metros cadrados. Na intersección da Costa do Sisto prevese o estendido dunha capa de aglomerado en quente como capa intermedia de regularización que servirá para obter a modificación precisa da rasante antes da capa de rodadura. E na zona destinada para o aparcamento en batería e a parada de bus, onde a beirarrúa é elevada, colocarase, nuns 75 metros, un borde de formigón.

Para a recollida de pluviais instalaranse 1.390 metros de tubeiras plásticas, cos respectivos sumidoiros e arquetas; contemplando tamén, o proxecto, a canalización do alumeado público.

Palacete da Finca do Espiño

O executivo municipal tamén deu luz verde á resolución do contrato coa empresa BAUEN EMPRESA CONSTRUCTORA para a «Execución das obras de rehabilitación do palacete da finca do Espiño para equipamento municipal cultural e administrativo», obras incluídas na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI – PO FEDER 2014-2020)».

Este contrato fora adxudicado en xullo do 2021 á empresa BAUEN EMPRESA CONSTRUCTORA SAU por un importe de 1.425.922,9 euros, e en agosto de 2022, a Xunta de Goberno aprobou unha modificación do proxecto no que se prevían unha serie de cambios cun incremento estimados dos custes de entre o 40% e o 50%, polo que se decidiu que o máis vantaxoso para o interese xeral sería a rescisión de mutuo acordo e o inicio de trámites para a redacción dun novo proxecto.

Outros asuntos

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Xunta de Goberno tamén acordou a renovación dos membros representantes municipais no Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela para o período 2023-2027 que pasarán a ser: Manuel César Vilar, concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización de Administración Local; Xesús Manuel Domínguez Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras; Xan Xesús Duro Fernández, concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais; e Pilar Lueiro García, concelleira de Deportes, Relacións Veciñais, Festas, Rural e UMAD

Etiquetas

obrassantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización
Comarca

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca
Actualidad

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica