ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Récord de inscricións nas escolas municipais de Arzúa con máis de 480 prazas cubertas

As escolas municipais seguen a gañar interese entre a veciñanza, cun aumento da participación ano tras ano

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de octubre de 2025 a las 23:04

Compartir

Arzúa, 2 de outubro de 2025. O pasado 30 de setembro pechouse o período ordinario de inscrición das escolas municipais de Arzúa, organizadas polas concellerías de Cultura e de Deportes. O balance volve ser moi positivo: en total son máis de 480 prazas cubertas, un dato que non só reflicte o incremento nas matriculacións, senón tamén a ampla variedade de actividades elixidas pola veciñanza.

Récord en deportes

As escolas municipais de deportes de Arzúa acadan este ano un récord histórico de 349 prazas cubertas, fronte ás 280 do pasado curso e ás arredor de 200 de hai dous anos. Trátase dunha evolución constante que reflicte o crecente interese da veciñanza por este servizo municipal.

Completaron xa todas as prazas actividades como ximnasia de mantemento, patinaxe e ioga, ás que se suma o novo grupo de pilates, incorporado este curso como parte da ampliación da programación e que tivo unha alta acollida desde o primeiro día. Pola súa parte, disciplinas como zumba e tenis rexistraron tamén unha grande participación, confirmando o interese pola ampla oferta deportiva municipal. Ademais, ampliouse o número de horas semanais para dar resposta ao interese crecente da cidadanía.

O alcalde de Arzúa e responsable da concellería de Deportes, Xoán Xesús Carril, salientou que “a boa acollida un ano máis destas actividades é o mellor indicador de que son un servizo que a veciñanza valora e recomenda de boca en boca. Gran parte do éxito sabemos que ten que ver tamén cos profesionais que as imparten, dos que recibimos sempre moi boas referencias por parte da cidadanía”.

Alta participación en cultura

As escolas municipais de cultura suman este curso 135 prazas cubertas, mantendo a mesma programación que en edicións anteriores pero cunha resposta moi elevada.

Entre as actividades con máis éxito destacan o club de lectura, que funciona xa con dous grupos, así como propostas como bailes afrolatinos, pintura infantil ou danza moderna, todas cunha alta participación e con prazas completas en varios casos. Isto confirma a boa acollida da oferta cultural por parte da cidadanía e a súa consolidación no tempo.

O concelleiro de Cultura, José Luis García, subliñou que “cada curso vemos como medra o interese polas actividades culturais, e iso anímanos a seguir ofrecendo unha programación que, ano tras ano, consegue implicar tanto á xente máis nova como ás persoas adultas. Non falamos só de aprendizaxe, senón de participar activamente no eido cultural a través de disciplinas como a música, a danza, a literatura ou as artes plásticas”.

Prazas aínda dispoñibles

O período extraordinario de matrícula permanecerá aberto ata o 31 de outubro. Aínda quedan prazas dispoñibles nas seguintes actividades:

  • Deportes: zumba e tenis.

  • Cultura: danza moderna, bailes afrolatinos (nivel avanzado) e pintura para persoas adultas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Un servizo en expansión

O interese mostrado pola veciñanza levou ao Concello a reforzar a programación deportiva con novas actividades e a consolidar a oferta cultural, que acadou unha alta ocupación das prazas. As escolas municipais confírmanse así como un espazo de formación, saúde e creatividade, ademais dun espazo colectivo de encontro e participación para a veciñanza.

Etiquetas

arzuaescolas deportivas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición