ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Recoñecemento aos bombeiros e Protección Civil de Santiago mobilizados pola DINA

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu un acto de recoñecemento aos bombeiros e ao voluntariado de Protección Civil de Santiago mobilizado en favor das persoas afectadas pola DINA de Valencia. Foi cunha recepción presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, na que participaron membros de todos os grupos da Corporación Municipal.

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de diciembre de 2024 a las 13:22

Compartir

A alcaldesa de Santiago agradeceu en nome da Corporación municipal os labores realizados polos membros dos bombeiros e dos voluntarios de Protección Civil nas zonas máis afectadas pola DINA:  “estamos orgullosas de vós porque sodes persoas que sempre estades ahí nos momentos máis difíciles e duros”. A rexedora tamén salientou a súa “capacidade de iniciativa” e “o seu compromiso, non só coa poboación de Santiago, senón co resto da poboación”. Goretti Sanmartín tamén recordou “a impresionante cantidade de material recollido por PC e cedido polos veciños e veciñas de Santiago que quería estar ahí e ofrecer a súa axuda”, unha boa mostra do “espírito de Santiago acolledor e solidario”.

Tras as intervencións do xefe dos Bombeiros, Manuel Sanmartín; a xefa de Protección Civil, Begoña del Río e os testemuños dalgún dos axentes presentes, o concelleiro Xan Duro tamén quixo parabenizar a todos os efectivos mobilizados “pola entrega, polo traballo e pola solidaridade e por representar tan ben o que supón Compostela. “Sei que estades moi orgullosos pero tamén moi afectados física e psicolóxicamente”, polo que reiterou «o apoio do Concello».

No pasado mes de novembro, tras a traxedia da DINA, o servizo municipal de emerxencias de Santiago sumouse ao operativo coordinado pola AXEGA e desprazáronse a Valencia os bombeiros Xoán Carlos Somoza, Iago Dans, Asier Vázquez, Elías Rodríguez e Fran García. Posteriormente, foron substituídos por José Antonio Gigirey, Jaime Tizón, Miguel Fernández, Antonio Morín e Adrián Roca. Durante a súa estancia nos municipios de Alfafar e Paiporta, encargáronse de traballos de achique de lodos, retirada de vehículos, apertura de portas e baixos e vivendas, e da habilitación do acceso a centros de saúde e bibliotecas.

En canto a Protección Civil, encargáronse do traballo de recollida, clasificación e entrega das toneladas de alimentos e produtos de primeira necesidade recollidos no estadio de San Lázaro, atendendo á petición realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias. En total, recolléronse 35 toneladas de produtos.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.