ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportes

Recepción oficial ao equipo de fútbol gaélico Boqueixón, subcampión de Europa infantil e cadete

Boqueixón, 13 de maio de 2024.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, presidiu a recepción oficial que o Concello lles fixo aos xogadores e xogadoras, do equipo de fútbol gaélico Boqueixón, que vén de proclamarse subcampión de Europa nas categorías infantil e cadete. Unha recepción na que tamén participou o adestrador do equipo, David de la Torre, e integrantes da ANPA do CPI Antonio Orza Couto, promotores desta iniciativa como actividade extraescolar.

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de mayo de 2024 a las 14:44

Compartir

Ovidio Rodeiro felicitou á rapazada pola súa fazaña no European Feile, xogado no centro de negocios Montecastelo de Vigo e que contou coa participación dos mellores equipos de Alemaña, Bélxica, Francia Suíza e Galicia. O alcalde lembrou que “ningún equipo galego chegara á final deste torneo”, polo que felicitou á rapazada e amosou o seu agradecemento ao traballo realizado por David de la Torre e a ANPA do CPI Antonio Orza Couto. Así mesmo, ofreceu a colaboración do Concello de Boqueixón de cara á posible realización dun campus de verán este mesmo ano, como planean dende o club.

Pola súa banda, David de la Torre lembrou que “este non é o primeiro intento. O ano pasado fomos a Berlín pero non tivemos esta sorte. Este ano demos a sorpresa”. Así mesmo, destacou a afouteza da rapazada de Boqueixón sobre o terreo de xogo: “non agardaba esta actitude no campo nin chegar ata onde chegamos, que foi unha sorpresa para todos en xeral. Eu picábaos dicíndolles que os outros eran mellores e máis grandes, polo que había que poñerlle gañas e garra. E o certo é que o levaron gravado a lume”.

De feito, o Boqueixón foi de menos a mais, derrotando na fase de grupos a todos os equipos, tal e como fixeran un mes antes no campo de fútbol do Forte no torneo Pre-Féile, que gañaron tras derrotar aos conxuntos galegos que participaron en ambos os dous torneos, incluídos os locais do Montecastelo Keltoi Vigo, aos que venceron nas semifinais. Na final contra o Bruxelas, os xogadores de Boqueixón mantiveron o tipo durante todo o encontro, chegando ao descanso cun empate a 7. No segundo tempo impúxose o físico dos belgas. “Había algún que tiña hipoteca xa”, bromeou David de la Torre, quen se amosou convencido de que “o próximo ano, cun pouco máis de traballo, seguro que arrasamos con eles”.

Entrevista ao adestrador David de la Torre en Radio Líder Santiago (29/04/2024)

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

<iframe frameborder=’0′ allowfullscreen=» scrolling=’no’ height=’200′ style=’width:100%;’ src=’https://www.ivoox.com/player_ej_128802469_6_1.html?c1=99603c’ loading=’lazy’></iframe>

Etiquetas

boqueixondepotesfutbol gaelicoradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha