ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Raxoi inviste 40.000 euros en melloras no Refuxio de Bando

 

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de enero de 2024 a las 17:21

Compartir

 

 

  • O Goberno municipal porá o foco na sensibilización cidadá para a prevención de abandonos de animais, tras o elevado incremento de entradas de cans e gatos o pasado ano, ademais de realizar obras para a mellora das instalacións.

O Concello de Santiago destina unha partida de 40.000 euros para a mellora das instalacións, que na actualidade acollen un total de 270 cans e 270 gatos, dos que 82 se atopan en casas de acollida temporal. O Refuxio de Bando, que ten a singularidade de ser o único da contorna que atende gatos e gatas, recibiu o pasado mes de xuño 169 animais, a cifra máis elevada da súa historia.

En concreto, a intervención que se está a realizar consiste na construción de tres novos parques de recreo para cans e dous novos patios para os gatos; o arranxo de portas; a habilitación de catro canís para animais maiores, enfermos e cachorros así como diversas reparacións de mantemento.

O concelleiro de Dereitos dos Animais, Xesús Domínguez, fixo un chamamento á implicación de todas as administracións que integran o Refuxio de Bando, «tanto na achega de recursos humanos como económicos, para facer sustentable a xestión destas instalacións e do servizo que prestan para o coidado dos animais».

Xesús Domínguez sinalou que tanto a dirección do Refuxio como o propio Concello están facendo xestións para procurar a colaboración con outras entidades e empresas do sector, como farmacias e clínicas veterinarias, para buscar sinerxías e facilitar a súa contribución a mellorar a situación actual.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

«Insistimos na necesidade de concienciar a veciñanza para evitar o abandono de animais e tamén en dar a coñecer que as persoas que queiran adoptar un can ou un gato poden acudir ao Refuxio de Animais de Bando ou pórse en contacto a través da información que figura na súa páxina web, onde están as fichas con fotos e características dos animais para a súa adopción», engadiu o concelleiro.

Etiquetas

BandoRefuxiosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago
Sucesos

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago