ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Raxoi aproba o expediente de contratación das obras de reurbanización da rúa do Pombal

26/12/2023.- O executivo municipal deu luz verde esta mañá ao inicio do expediente de contratación das obras de reurbanización da rúa do Pombal, cun importe base de licitación de 762.991,01 €. Tamén se aprobou de xeito definitivo o proxecto básico e de execución do parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó (parroquia de Laraño) ao abeiro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña, cun orzamento de 124.999,99 euros.

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de diciembre de 2023 a las 19:56

Compartir

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá aprobar o expediente que ten por obxecto a licitación das obras de reurbanización da rúa do Pombal, para o que se abrirá un procedemento aberto de adxudicación, cun orzamento base de 762.991,01 € (base impoñible de 630.571,08 € máis IVE do 21% polo importe de 132.419,93 €).

Esta intervención, que terá unha duración estimada de 8 meses, levarase a cabo no treito da rúa do Pombal comprendido entre o cruzamento coa rúa Campiño da Ferradura e a intersección coa travesía do Cruceiro do Galo.

Esta reurbanización suporá unha ampliación da beirarrúa próxima ás edificacións, a colocación de pasos peonís elevados para a redución da velocidade do tráfico rodado e a renovación e dotación de servizos urbanos: abastecemento de auga e rego, saneamento, alumeado público, gas natural e telecomunicacións.

Para a calzada empregarase formigón pulido e a para a beirarrúa xunto ás edificacións, un novo pavimento de cantería granítica. Dentro dela, instalaranse novos elementos de mobiliario urbano (xardineiras, asentos, papeleiras e farois) para xerar así unha liña de protección descontinua entre o tráfico rodado e os peóns. Na beirarrúa oposta, a carón do muro, colocarase un bordo de pedra granítica para separala da calzada.

Na zona central da vía, onde a beirarrúa alcanza un ancho de 3,10 metros, habilitaranse zonas de carga e descarga diferenciadas en despezamento e textura de pavimento granítico.

Ademais, durante esta intervención, aproveitarase para substituír unha antiga canalización de fibrocemento en mal estado, executarase unha nova rede de saneamento separativa (pluviais, fecais) e novas redes de telecomunicacións e alumeado. Manteranse as redes de abastecemento e gas pero levarase a cabo a substitución das acometidas.

Parque infantil no lugar de Reibó

A Xunta de Goberno local tamén deu luz verde ao proxecto básico e de execución do parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó (parroquia de Laraño) tras a revisión do segundo informe de supervisión da Deputación da Coruña.

Este proxecto básico e de execución ao abeiro do plan POS+ Adicional 2/2023, ten por obxecto a implantación dun parque infantil na área onde se atopa o centro sociocultural e a escola de educación infantil do lugar de Rial na parroquia de Laraño e o acondicionamento dun espazo educativo de actividades agrícolas. Contará cun orzamento de 124.999,99 euros (103.305,78 + 21.694,21 euros de IVE) e un prazo de execución de 40 días.

Equipamento para os Bombeiros

O Goberno municipal tamén acordou a adxudicación do contrato «Subministración dun compresor de aire do Servizo de Extinción de Incendios do Concello de Santiago de Compostela (SEIS)» á empresa SENSO INGENIERÍA E INSTALACIÓNES SL por un importe de 37.555,98 € (base impoñible 31.038,00 € máis IVE do 21% 6.517,98 €) e a aprobación do expediente de contratación da subministración de traxes de intervención e protección persoal (Chaquetóns e cubrepantalóns) con arnés para o persoal dos Bombeiros, que sairá cun orzamento base de licitación de 129.286,18 euros.

Tarifas aparcadoiro

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Xunta de Goberno tamén aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros do Hórreo, San Clemente e San Caetano, tal e como fora solicitado pola empresa en decembro de 2022. O último acordo de revisión data de decembro de 2018, e a actualización correspondente desde entón, en función do IPC, é do 13,60%. Os tres aparcamentos xa viñan cobrando as tarifas recollidas no acordo de hoxe, tal e como contempla o contrato da concesión.

Etiquetas

obrasrua pombalsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización
Comarca

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca
Actualidad

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica