Radio Líder Santiago emite este martes pola mañá a I Gala do Deporte de Teo
Radio Líder Santiago retransmitirá este martes 7 de xaneiro, a partir das 10:30 horas, a primeira edición da Gala do Deporte de Teo, celebrada recentemente no Auditorio Municipal Constante Liste. O evento recoñeceu o esforzo e talento de destacados deportistas e clubs locais.
Líder Redacción
6 de enero de 2025 a las 22:39
Entre os galardoados desta primeira edición atópanse:
- David Mella, futbolista do R.C. Deportivo da Coruña.
- Ruth Lorenzo, karateka destacada.
- Ezequiel Mosquera, exciclista profesional.
- Club San Francisco Teo, polo seu labor no deporte local.
- Manuel Tallón, socio fundador do Club Ciclista Luou-Teo.
- Club de Patinaxe Artística Teo, por fomentar esta disciplina no municipio.
- Florencio Buján (a título póstumo), integrante do primeiro equipo da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo.
Non perdas a oportunidade de revivir os momentos máis emocionantes desta celebración, que puxo en valor o talento deportivo de Teo e a súa paixón polo deporte.



