ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Publicada no BOP a diagnose para a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica na súa edición de hoxe, 26 de febreiro de 2025, o diagnóstico para a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado, de conformidade co establecido no artigos 18.2.b) da Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito á vivenda e o apartado 3 d) da Disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia.

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de febrero de 2025 a las 18:35

Compartir

Durante o prazo de 20 días hábiles que se contarán dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar as súas alegacións na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela no apartado “Catálogo de trámites” a través do trámite “Presentación de documentación e alegacións” e da opción “Achega libre”. Tamén se poderán presentar alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A documentación sometida a exposición pública está a dispor das persoas interesadas nas dependencias do Rexistro Auxiliar de Urbanismo (de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas), sito no 2º andar do Pazo de Raxoi na Praza do Obradoiro s/n, e na páxina web do Concello de Santiago de Compostela a través do enlace (santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/xuridica )

O Concello de Santiago continúa así avanzando nos trámites para solicitar a declaración do municipio como zona de mercado residencial tensionado coa publicación do estudo realizado polo Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña. Como principal conclusión, o concello cumpre en todo o seu territorio dous dos catro criterios para solicitar a declaración de mercado tensionado.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O pasado mércores 19, o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, convocou a mesa sectorial cumprindo así tamén con este requisito marcado pola lei autonómica. O concelleiro volverá reunir este órgano, xa constituído con preto dunha vintena de entidades e representantes veciñais, tras o período de exposición pública e antes de lle enviar a solicitude de declaración á Xunta.

Etiquetas

compostelapoliticasantiagozona mercado tensionado
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo