ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoPolítica

O PSOE de Santiago defende a rehabilitación integral da Casa da Xuventude

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de noviembre de 2023 a las 15:06

Compartir
  • No anteproxecto que presentaron este mércores o edificio “baixa a súa altura, intégrase no Matadoiro, ábrese a Belvís e mantense un equipamento público en pleno centro histórico”
  • Pedirán explicacións no pleno de mañá ao concelleiro de Urbanismo “casualmente o autor do proxecto de ‘ghalpón’ polo que Sanmartín quere tirar esa casa” censurou Muíños

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023.- “O que denunciamos é que a alcaldesa non poña todas as alternativas enriba da mesa” censurou o portavoz do Grupo Socialista que, esta mañá, compareceu en rolda de prensa xunto a edil Mercedes Rosón para explicar o anteproxecto que a Deputación da Coruña presentou ao goberno para acometer a rehabilitación integral da Casa da Xuventude.

Muíños ironizou que o “secretismo” co que o bipartito manexa este tema podería deberse a que “ao ver o proxecto e como podería quedar a casa despois da rehabilitación, alguén podería pensar que non queda mal”.

Convencidos da transformación que podería supor o proxecto de remodelación que se acordou coa Deputación durante o mandato socialista, pedirán mañá explicacións ao concelleiro responsable nunha comparecencia no pleno da corporación. Defende o portavoz que, ademais da mellora visual que suporía a intervención “facendo un edificio máis amigable coa súa contorna, conservaríase “un equipamento de 2.500 metros cadrados, con auditorio para 400 persoas, sala de usos múltiples para as asociacións e en pleno centro histórico”.

Menos altura e apertura a Belvís

Mercedes Rosón insis5u en que o proxecto contempla tamén a creación dun acceso directo a Belvís, habilitando un paso a través do cancelón e gañando espazo ao gran hall do edificio cuns soportais que ampliarían a entrada ao parque. Tamén se reduce a altura da fachada na zona orientada ao Matadoiro “mudando completamente a súa imaxe”.

A edil socialista amosouse especialmente crí5ca coa ac5tude de Compostela Aberta nun “clamaroso silencio” ante esta decisión do BNG, logo de que María Rozas asegurase aos colectivos sociais que eran usuarios da Casa da Xuventude que se CA tiña responsabilidades de goberno, “nunca nunca nunca” apoiarían a derruba da Casa da Xuventude . Un silencio “imposto ou autoimposto” que, critica, amosa “que o que diga CA, aínda estando no goberno, non é garante de nada”.

“Queremos que o autor do proxecto do ‘ghalpón’ polo que Sanmartín quere tirar esa casa explique por que se toma esta decisión”

Desde as filas socialistas amósanse moi críticos con que o proxecto polo que a alcaldesa “quere tirar” a Casa da Xuventude sexa “casualmente” da autoría do seu concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás.

Entre acusacións de negarlle á cidadanía “un debate honesto” con toda as opcións enriba da mesa, Rosón cuestiona que este “oscurantismo e secretismo” veña da man do BNG e CA “totalmente contraditorio co que pregoaban cando eran grupos da oposición”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Reclama claridade a edil socialista tamén do BNG “xa que no pleno de abril da Deputación, o seu grupo provincial votou a favor deste convenio”: “pedimos a comparecencia do concelleiro para poñer luz e taquígrafos sobre as decisións tomadas e que todos os grupos municipais mostren a súa posición respecto do futuro da Casa da Xuventude”.

Etiquetas

politicapsoesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo