ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSociedad

Protocolo pioneiro en Santiago para uns espazos nocturnos seguros, libres e igualitarios

 

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de diciembre de 2023 a las 20:59

Compartir

 

 

20/12/2023.- O Pleno ordinario de decembro tomará coñecemento do acordo da Xunta de Goberno que aproba o texto do Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGTBIfóbicas, para promover a creación de espazos de ocio nocturno seguros, libres e igualitarios en Santiago de Compostela. Trátase dunha iniciativa pioneira que converte Santiago de Compostela na primeira cidade en aprobar un protocolo destas características.

Entre os obxectivos deste protocolo está implicar todos os axentes, servizos e recursos na corresponsabilidade da resposta ante as violencias machistas e, máis concretamente, ante as violencias sexuais e LGTBIfóbicas, ofrecendo unha atención integral e de calidade ás persoas que enfrontan esas violencias. Ademais, fomenta a resposta cidadá contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas, potenciando unha cultura de «tolerancia cero» ante calquera agresión machista e discriminatoria nos espazos de ocio nocturno e promove a creación de espazos de ocio nocturno seguros, libres e igualitarios.

Con este protocolo póñense a disposición das persoas responsables e traballadoras dos espazos de ocio nocturno ferramentas de apoio, estratexias e recursos, para a prevención de situación de violencia sexual e/ou LGTBIfóbica e, de ser o caso, para a súa detección, atención e actuación de forma coordinada e unificada.

O Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela (CIM) impulsou este protocolo, que xorde como resposta á demanda dun dos principais axentes de ocio nocturno: as asociacións profesionais de hostalaría da cidade. Conscientes da importancia de dotar o persoal traballador e responsable destes espazos dunha ferramenta de apoio e de articular unha estratexia coordinada e intersectorial, participaron activamente no seu deseño, xunto con entidades do Terceiro Sector e institucións con responsabilidade na atención ás persoas afectadas por estas violencias machistas.

Con esta ferramenta búscase que os espazos de ocio nocturno sexan axentes activos e comprometidos, con capacidade para actuar e xerar cambios a prol da erradicación destas formas violencia machista. Así mesmo, tamén se procura o fomento dunha cultura de tolerancia cero coa violencia de xénero para garantir, no contexto de ocio nocturno, o goce de toda a cidadanía desde a liberdade, a igualdade e a seguridade. Para isto, este protocolo artellouse mediante un amplo proceso participativo.

Aínda que o ocio nocturno de Santiago de Compostela se considera tranquilo, seguro e non masificado tamén é produto da socialización patriarcal, onde se producen desigualdades e situacións de violencias sexuais e LGTBIfóbicas.

Moitas formas das violencias sexuais non son identificadas e socialmente está moi estendida a idea de que só hai violencia sexual cando se fai uso da intimidación ou da forza física, cando constitúen delito. Esta falsa crenza contribúe a invisibilizar outras formas que se producen en gran medida, pero tamén, a que socialmente se manteña a percepción dunha baixa incidencia das violencias sexuais nos espazos de ocio nocturno. Á marxe de que poidan ser delito ou non, todas as formas de violencias sexuais afectan ao benestar físico e emocional das persoas que as sofren.

Espazos de aplicación

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Se ben o concepto de ocio nocturno pode resultar moi amplo, o ámbito de aplicación deste protocolo abrangue tres tipos de espazos. Por unha banda, os establecementos de ocio nocturno de titularidade privada abertos ao público, en que se celebran actividades recreativas e en que se ofrecen ás persoas usuarias produtos ou servizos con fins de recreo, entretemento ou ocio, como son: os bares, pubs, discotecas, salas de concertos, bares musicais etc. Por outra parte, aqueles eventos que aglutinan espectáculos e actividades recreativas abertas ao público, con independencia da titularidade pública ou privada de quen os organice, da súa finalidade lucrativa ou non lucrativa, e do seu carácter esporádico ou habitual, tales como: festas populares, concertos, festivais, espectáculos públicos nocturnos etc. En terceiro lugar, o sector profesional do taxi; servizo que desenvolve parte da súa actividade en horario nocturno e desde o que tamén se pode contribuír na abordaxe das violencias sexuais e LGTBIfóbicas que se producen en espazos públicos da cidade.

Etiquetas

espacios nocturnosocioprotocolosantiagosociedad
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Cuca Olveira, referente del lifestyle premium: “En Islandia llevé ocho contratos activos para un viaje de cinco días”
Destacado

Cuca Olveira, referente del lifestyle premium: “En Islandia llevé ocho contratos activos para un viaje de cinco días”