ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Política

O PP reclámalle ao Goberno que leve a cabo a roza da maleza no rural compostelán

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2023 a las 14:59

Compartir
  • Ante o desleixo do grupo de Goberno, a concelleira popular, Nerea Barcia, soliciou o “suposto” calendario de rozas e ”o que recibimos foi unha “lista da compra” (*Ver imaxe), xa que nela só aparece unha relación de nomes de parroquias, que non especifica nada máis”.
  • Cabe sinalar, que a falta de atención é moi evidente, simplemente con visitar as zonas do rural pódese contemplar como hai espazos cheos de maleza, beirarrúas intransitables e marquesiñas inutilizadas, ao estár cheas de herbas.
  • Barcia remarca que “esta situación representa un perigo para as persoas, a parte de ser unha contaminación visual do noso rural”.

O Partido Popular de Santiago, a través da concelleira, Nerea Barcia, denuncia a falta de roza na maioría das zonas do rural compostelán por parte dos servizos do Concello. “Nos últimos meses, a capital de Galicia está padecendo un serio problema de limpeza, tanto nas zonas urbanas como no medio rural, polo que son numerosas as queixas dos veciños e veciñas que se levan rexistradas sobre este asunto”, subliñou.

Despois de que os populares preguntasen ao Goberno do BNG sobre o motivo polo que non se están a realizar estes traballos, as desculpas seguen chamando á atención, xa que, segundo o Goberno nacionalista, “se está a traballar e hai un contrato de servizos de roza, pero o crédito orzamentario xa se esgotou”,

Ante o desleixo do grupo de Goberno, Nerea Barcia solicitou o “suposto” calendario de rozas e o que recibiu foi unha “lista da compra”, xa que, na información aportada, só aparece unha relación de nomes de parroquias, que non especifica nada máis.

A concelleira popular, pregúntase “se realmente ese é o calendario de traballos, posto que non se sinalan nin os prazos, nin se xustifica o gasto da partida correspondente a estas tarefas”.

Cabe sinalar, que a falta de atención é moi evidente, simplemente con visitar as zonas do rural pódese contemplar como hai espazos cheos de maleza, beirarrúas intransitables e marquesiñas inutilizadas, ao estár cheas de herbas, “unha situación que representa un perigo para as persoas, a parte de ser unha contaminación visual do noso rural”, destacou a popular.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Desde o Partido Popular de Santiago, reclamámoslle aos nacionalistas que visiten máis o rural compostelán e atendan as petición da veciñanza, posto desde a última reunión mantida coa concelleira de Medio Rural, “nada sabemos do que está a contecer coas rozas e o mantemento do rural de Santiago”.

Etiquetas

politicappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo