ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

PP: «A improvisación e falta de diálogo do BNG fai mudar ata 3 veces unha illa de compostaxe en Fontiñas»

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de diciembre de 2023 a las 14:55

Compartir
  • Veciñanza e comerciantes da rúa Mónaco observaron con incredulidade a improvisación e a falta de diálogo do concelleiro nacionalista que, a día de hoxe, non deu resposta a esta comunidade.
  • Os populares pedirán información sobre os requisitos existentes para a localización e dotación de recursos e persoal que estas illas precisan para o seu correcto funcionamento e mantemento.

A pasada semana, os concelleiros Rosario Ferreiro, José Ramón de la Fuente e Adrián Villa, reuníronse coa veciñanza das rúas de Mónaco e Monte dos Postes, con motivo dunha queixa pola colocación dunha illa de compostaxe.

Inicialmente, tal e como se pode comprobar no propio terreo, a intención era colocar esta illa no medio do espazo verde da rúa Mónaco. Días despois, tal e como afirmaba a veciñanza que alí reside, esa localización mudou, coa pretensión de colocala a menos de 10 metros da entrada dos edificios e baixos comerciais. Unha vez paralizada a instalación, dadas as queixas de veciños e comerciantes, solicitouse unha reunión co goberno nacionalista que, a día de hoxe, non tivo lugar.

“Comeza a ser habitual a calada por resposta do goberno nacionalista” afirmaba Villa en referencia a esa ausencia de diálogo co BNG, poñendo de exemplo moitas outras queixas que os populares reciben ante a falta de atención por parte do goberno municipal.

Días despois da visita dos concelleiros, a veciñanza púxose de novo en contacto para indicar que finalmente, a localización da illa de compostaxe pasaba a unha terceira localización que, casualmente, foi a alternativa ofrecida polos propios veciños e comerciantes aos traballadores que asistiron a realizar a instalación.

Con este último feito, Rosario Ferreiro lamentou a clara falta de planificación por parte do concello. “Resulta sorprendente que unha actuación como é unha illa de compostaxe non conte con ningún tipo de estudo previo e que se improvisen tres cambios de localización en menos de dúas semanas”, afirmaba a edil.

Cabe lembrar que a compostaxe de residuos orgánicos é un espazo que require unhas determinadas condicións no referente á temperatura, humidade e un exhaustivo mantemento para comprobar o nivel de enchido ou os cheiros.

Por último, De la Fuente insistiu na falta de diálogo do goberno. “Aínda que somos coñecedores de que hai solicitudes por parte da veciñanza deste tipo de instalacións, o goberno debera facer un estudo previo e, posteriormente, consensuar”. Tal e como se coñeceu o pasado mes de outubro, estaba prevista a instalación de 6 novas illas comunitarias antes de final de ano, entre as que se incluía a da rúa Mónaco.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por todo isto, os populares solicitarán información sobre estes novos espazos de compostaxe así como sobre os requisitos existentes para a súa localización e dotación de recursos e persoal que precisan para o seu correcto funcionamento e mantemento.

Etiquetas

compostaxefontiñaspoliticappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo