ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Pontón: “Prometo ser unha presidenta que diga a verdade e traballar para protexer o noso mar”

Destaca a dignidade dun País en pé en defensa do litoral e contra a mentira, a manipulación e a incompetencia do PP na crise dos pellets

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de enero de 2024 a las 20:27

Compartir

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro 2024.- A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG na multitudinaria manifestación que máis dun cento de colectivos convocaron en Santiago En defensa do noso mar, unha mobilización masiva que encheu as rúas da capital de Galiza e que a líder Bloque definiu como “a dignidade dun País en pé”.

“Estamos ao lado da xente do mar que está nesta manifestación rebelándose contra as mentiras e mostrando o seu amor polo noso medio mariño, a súa preocupación polo medio ambiente e a indignación ante tanta mentira e tanta indefensión dun Goberno do PP que repetía ante esta crise o mesmo modus operandi que no Prestige: mentira, ocultación, manipulación e a falta de respecto ante os galegos e as galegas”, declarou Pontón ao inicio da marcha.

Unha marea de dignidade que Pontón contrapuxo á marea de mentiras e á incompetencia do PP na xestión do verquido de 26 toneladas de pellets plásticos, demostrando que o litoral galego soporta “a mesma desprotección” que cando tras a catástrofe do Prestige Galiza saíu á rúa baixo o lema Núnca Máis.

“Hoxe en Santiago hai un País en pé reivindicando un goberno que lle diga a verdade, reivindicando algo fundamental para Galiza como é a protección do noso mar e iso é o que tamén está en xogo o próximo 18 de febreiro. Eu quero ser a presidenta que lle diga a verdade aos galegos e ás galegas, que se poña a fronte ante unha crise e que traballe para protexer o noso mar”, destacou a candidata do BNG.

Neste sentido, Pontón avanzou que se ten a confianza para ser presidenta reclamará todas as competencias en materia de loita contra a contaminación mariña e de salvamento e porá en marcha un Plan de rexeneración e de recuperación das rías, en contraposición a un Partido Popular cruzado de brazos ante a crítica situación do sector pesqueiro e marisqueiro.

“Levamos vendo nos últimos quince anos a un Goberno do PP que non soubo coidar do mar nin á xente que vive do mar; perdemos 700 barcos, 5.000 empregos e o sector está soportando unha crise de produtividade que está deixando atrás a moitas persoas e lastrando o futuro de Galiza, isto tamén forma parte do que nos xogamos o 18F”, explicou.

A portavoz nacional subliñou que nas ateigadas rúas de Compostela, percibíase as “ganas” de cambio, “e quen pode liderar ese cambio é o BNG”. “Vou ser a presidenta que lle diga á verdade ós e as galegas, que se poña á fronte ante calquera crise e que traballa para darlle futuro á xente do mar e por coidar o noso medio ambiente”, recalcou.

En Galiza tras a catástrofe do Prestige medrou moito a conciencia ambiental, “e hoxe vemos de novo como necesitamos coidar do medio ambiente, unha obriga que tamén temos coas xeracións máis novas”, alegou, para deixarlles un planeta habitable. “Síntome tremendamente orgullosa de ser galega, formar parte dun País que se revela contra a mentira e que ama o seu mar”, concluíu Pontón en referencia a multitudinaria resposta que a xente do mar e o conxunto da cidadanía deu hoxe en Santiago.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O BNG recalca o potencial do sector mar-industria, clave desde o punto de vista económico e social, e destaca a calidade do produtos pesqueiros e marisqueiros, que son unha referencia no mundo. Por iso urxe un goberno que se poña do lado do sector e que tome medidas para a preservación do litoral, fronte a un PP instalado na inacción pese as dificultades que atravesa o sector, a perda continuada de produtividade, de embarcacións e de postos de traballo. Quince anos despois, este goberno sigue tendo pendente a rexeneración das rías.

Etiquetas

bngmanifestacionpelletspoliticasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo