ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Pontón compromete acelerar o CEIP do Milladoiro e a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de enero de 2024 a las 00:11

Compartir

 

 

Basta xa de facer esperar anos aos nenos e ás nenas de Ames e ás súas familias por unha infraestrutura educativa esencial, afirma

Avanza que un Goberno liderado polo BNG cumprirá co concello e coa comarca reforzando os servizos públicos e mellorando as infraestruturas

Santiago de Compostela, 18 xaneiro 2023.- A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, participou nun acto público en Ames dentro dos actos de precampaña que está a desenvolver o BNG, onde aproveitou a súa intervención para destacar algunhas das medidas para este concello e toda a comarca que ten previsto desenvolver o Goberno que aspira a presidir a partir do 18F.

Pontón afirmou que se obtén a confianza dos galegos e as galegas, Ames “terá en min unha aliada” para mellorar a vida da xente e que defenda os intereses da veciñanza deste concello e da comarca.

Neste sentido, avanzou o seu compromiso de reforzar os servizos públicos, como a sanidade e a educación, ámbito este último no que dixo non é normal que un dos poucos concellos de toda Galiza no que aumenta a poboación e que ten un saldo vexetativo positivo, siga esperando para ter o centro educativo de infantil e primaria no Milladoiro, que precisan os nenos e as nenas entre 3 e 12 anos e que leva máis de tres anos de retraso despois de que o concello puxese a disposición da Xunta os terreos necesarios para a súa construción.

“Hoxe aquí quero deixar un compromiso firme: se teño a vosa confianza para ser a próxima presidenta de Galiza, a construción do centro educativo de infantil e primaria de Ames será unha prioridade e axilizarei a súa construción”, afirmou para recalcar a continuación que “basta xa de facer esperar os nenos e as nenas deste concello, basta xa de facer esperar as familias por unha infraestrutura esencial”.

Pontón tamén apuntou que, fronte aos recortes do PP, o goberno que aspira a presidir “blindará a sanidade pública” e reforzará a Atención Primaria, con medidas concretas neste concello como a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns, a dotación de máis persoal sanitarios en todos os ambulatorios de Ames e do conxunto da comarca, incluído o  servizo de pediatría porque, segundo recalcou, “afortunadamente este é un municipio onde aumentan as crianzas, unha rareza nunha Galiza en permanente crise demográfica”.

Desconxestionar a entrada do Milladoiro e ampliar a depuradora de Sisalde

Por último, explicou que mellorar a vida de veciñanza tamén pasa por mellorar as infraestruturas, como a desconxestión da entrada do Milladoiro ou a ampliación da depuradora de Sisalde, imprescindible para o concello de Ames, pero tamén para o de Brión.

Deste xeito, a portavoz nacionalista comprometeu un Executivo do BNG que “vai cumprir con Ames” porque, segundo afondou, Galiza precisa un goberno e unha presidenta que en lugar de ser parte do problema sexa parte da solución, un goberno que en lugar de ir en contra como fai o PP, “defenda os intereses da veciñanza deste concello e desta comarca”.

Para iso, e diante dunhas eleccións galegas que cualificou como as máis importantes dos últimos tempos, apelou á mobilización desa maioría social que quere cambio e á concentración dese voto no Bloque “porque somos a alternativa real e a única forza con capacidade para derrotar ao PP”.

Neste sentido, afondou en que o 18F só hai dúas alternativas: un goberno do PP co candidato Rueda, o mesmo que nos deixa unha Galiza máis pequena e peor, ou un goberno liderado polo BNG, cunha presidenta preparada para poñer en marcha unha Galiza mellor, “unha Galiza en grande”.

Pontón avanzou o País que aspira a construír como presidenta, unha Galiza produtiva na terra e no mar, con industria e que aposte pola ciencia e pola innovación porque, segundo indicou, queremos competir no mundo desde o coñecemento, non con salarios baixos e empregos precarios.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Quero ser a próxima presidenta para poñer en marcha esta Galiza posible e está na nosa man”, subliñou para concluír que, de obter a confianza dos galegos e as galegas, a súa será unha Presidencia “coas mans libres”, sen ataduras nin servilismos a Madrid e leal unicamente aos galegos e ás galegas.

Etiquetas

amesana pontonbngpolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo