ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Paula Prado visita o comercio de Padrón e esixe a Sánchez «a baixada do IVE dos alimentos básicos»

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2025 a las 14:01

Compartir
  • Paula Prado afea ao presidente que “teña tempo para os seus ‘chanchullos’ e non para o esencial” en  referencia á reunión secreta que este mantivo con Otegi: “Está claro que as preocupacións de Sánchez son outras”
  • Rodríguez Conde recorda as iniciativas presentadas polo PP de Padrón para demandar ao Concello medidas de fomento do consumo no comercio local e insiste en que se escoiten as “necesidades e inquedanzas” de comerciantes e autónomos

27 de novembro de 2025. O Partido Popular de Galicia demanda ao Goberno de Sánchez que cumpra o mandato de rebaixar o IVE aos alimentos básicos, tal e como lle teñen demandado tanto o Parlamento galego como o Congreso, para así “aliviar o afogamento económico que sofren as familias ante a suba de prezos”.

“Non se entende que o Goberno central que máis impostos recada da historia siga afogando as economías domésticas cando o que estas precisan é máis apoio, máis certezas e máis seguridade”, denuncia neste sentido a secretaria xeral Paula Prado facéndose eco dunha situación económica na que “os prezos seguen subindo pero o poder adquisitivo non se recupera”.

A número dous dos populares galegos fixo estas declaracións aos medios esta mañá en Padrón logo de visitar diversos negocios da localidade xunto ao portavoz local do PP e deputado autonómico, Ángel Rodríguez Conde. Unha visita na que puideron comprobar de primeira man como o sector comercial reclama medidas que fomenten o consumo.

Medidas, como, por exemplo, o “exitoso” Bono Peixe posto en marcha polo Goberno de Alfonso Rueda e que contrastan coa “inacción” dun Pedro Sánchez que “segue sen facer caso” á iniciativa promovida polo PP para rebaixar o IVE dos produtos básicos e que xa foi aprobada tanto no Parlamento galego como no Congreso.

Paula Prado subliña que desde o seu partido seguirán insistindo desde todas as frontes ata conseguir esta rebaixa. “Xa bastante complicado está todo como para que nolo sigan poñendo cada vez máis difícil a negocios e clientes”, sostén.

“Está claro que as preocupacións de Sánchez son outras”, concluíu a este respecto a secretaria xeral facendo referencia á reunión secreta do presidente con Arnaldo Otegi para negociar a moción de censura ao Goberno de Mariano Rajoy e afeándolle que “teña tempo para os seus ‘chanchullos’ e non para o esencial”.

En clave local, Prado lamentou así mesmo que o alcalde socialista de Padrón «non se desmarque de Sánchez e do seu partido», algo que «trae nefastas consecuencias aos veciños e veciñas desta vila». Ao mesmo tempo, puxo en valor o labor de Ángel Rodríguez Conde e o grupo municipal do PP, que a partir de 2027 «volverán liderar o concello e deixarán atrás o actual desgoberno».

A NECESIDADE DE APOIO AO COMERCIO LOCAL

Pola súa banda, Rodríguez Conde quixo poñer en valor o esforzo que día a día fan os establecementos do pequeno comercio local e os autónomos para “conseguir levar adiante a súa actividade”. Un esforzo que se ten que ver correspondido, na súa opinión, por administracións que “escoiten as súas necesidades e inquedanzas”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O portavoz do PP de Padrón recordou así que o seu partido leva tempo presentando iniciativas no Pleno municipal para demandar ao Concello que tome medidas para fomentar o consumo no pequeno comercio.

Etiquetas

comerciopadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’