ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Padrón reparte 3.370 euros en premios na Feira Cabalar de Pascua

 

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de marzo de 2024 a las 20:46

Pola esquerda: Jacobo Pérez Paz, Anxo Arca, Chus Campos e Luis Mariño, presentado o cartel da Feira Cabalar de Pascua 2024

Compartir

 

 

  • O goberno padronés conta coa Asociación Pura Raza Cabalo Galego para organizar os concursos morfolóxicos do domingo 31
  • Pola tarde, no Campo da Barca, haberá unha exhibición gratuíta de doma de alta escola
  • Pecharanse ao tráfico un tramo das estradas AC-307 e da AC-299 entre ás 10.00 e as 17.00 horas para garantir a seguridade

Padrón. 25-3-2024.- O Concello de Padrón repartirá 3.370 euros en premios entre os exemplares que o vindeiro domingo, 31 de marzo, participen na Feira Cabalar de Pascua, que este ano estará organizada pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego. A feira celebrarse no Campo da Barca, de 10.00 a 17.00 horas, motivo polo que se pecharán ao tráfico un tramo das estradas AC-307 e da AC-299 para garantir a seguridade de público e participantes.

A feira cabalar, presente xa no inicio das Festas de Pascua hai máis de tres séculos, tamén volverá ao Campo da Barca o domingo 31 de marzo, coa presenza de gandeiros e criadores de toda Galicia e a celebración dos tradicionais concursos morfolóxicos, que nesta edición estarán organizados pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Este ano o Concello destinará 3.370 euros a premios dos diferentes concursos morfolóxicos, para os que xa están preinscritos 70 animais en todas as seccións. Despois da correspondente retirada de dorsais (9.30 horas), os concursos comezarán ás 10.00 horas coa segunda proba puntuable para a XXIII Copa Galicia Pura Raza Galega de cabalos e eguas maiores de tres anos. Continuará cos de cabalos e eguas cruzadas adultos e, a media mañá, haberá unha proba infantil de ponis. A competición rematará cos animais de pura raza árabe, unha para animais menores de tres anos e outra para adultos, tanto de machos como femias. Antes da entrega de premios verase un avance do espectáculo ecuestre que se celebrará pola tarde.

Na sesión vespertina, tamén no Campo da Barca, as 17.00 horas comezará unha exhibición de doma de alta escola a cargo da compañía La Magia del Caballo, de León, e na que se incluirá unha sección de doma de alta escola de Galicia ‘Dragóns de Santiago’, da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por mor da celebración da Feira Cabalar de Pascua, e para garantir a seguridade dos participantes e público asistentes, o Concello de Padrón vai pechar ao tráfico dúas estradas que pasan preto do Campo da Barca entre as 10.00 e as 17.00 horas. Os tramos que estarán pechados son os da AC-307 (estrada que vai a Dodro e Ribeira), dende o CEIP Flavia ata a ponte de Santiago, e o tramo da AC-299 (que vai a Rois e Noia pola Trabanca) dende a ponte de Santiago ata Casa Pérez, en Extramundi. O tráfico rodado desviarase polas rúas e estradas adxacentes.

Etiquetas

feira cabalarfesta da pascuapadronradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol