ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComercio

Padrón rende homenaxe a Rosalía nunha xornada chea de actividade

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de febrero de 2024 a las 13:12

Compartir

 

 

A partir das 10.00 horas desenvolverase o acto institucional cunha ofrenda floral ante a estatua da escritora no Espolón

Bares e restaurantes ofrecerán o Caldo de Gloria e acollerán pequenas representacións a cargo dos Quinquilláns

O pasarrúa e o desfile de cabezudos suspendeuse por mor do temporal

O concerto de Faia pechará os actos na Casa de Rosalía

Padrón. 22-02-2024.- O Concello de Padrón renderá homenaxe mañá venres, día 23, a Rosalía de Castro coincidindo co 187 aniversario do seu nacemento. Dende o pasado 10 de febreiro o goberno municipal está a desenvolver un amplo programa de actividades dirixido a toda a veciñanza poñendo en valor a figura e o legado da autora galega máis universal.

O Día de Rosalía acollerá a tradicional ofrenda floral que se desenvolverá ás 10.00horas diante da estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca, do presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e dos integrantes da corporación municipal. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, tras esta homenaxe o alumnado dos institutos Camilo José Cela e Macías o Namorado recitaran diversos poemas da escritora na carpa situada na praza de Macías.

A situación de temporal prevista para mañá determinou a suspensión pola tarde do pasarrúas coa intervención dos Carapaus, os cabezudos e a xigante Rosalía que ía ser cedida polo Concello de Rianxo.

Durante toda a xornada, os restaurantes e bares de Padrón ofrecerán á súa clientela a posibilidade de degustar un Caldo de Gloria inspirado no poema de Rosalía ‘Miña casiña meu lar’ da súa obra Follas Novas. Nestes establecementos haberá tamén pequenas representacións do grupo de teatro Os Quinquilláns a partir das 20.00 horas.

O Caldo de Gloria será tamén protagonista do acto na Casa de Rosalía ás 19.00 horas coa elaboración por parte de Suso, do Dezaseis, e da cantante Uxía. Un concerto de Faia, programado para as 20.00 horas, pechará esta intensa xornada.

Despois da ofrenda floral, o alcalde de Padrón acudirá mañá a Santiago para participar no acto de homenaxe a Rosalía que se levará a cabo no Hostal dos Reis Católicos a partir das 12.00 horas.

Anxo Arca participará na lectura de poemas rosalianos xunto a outras autoridades nun espazo cheo de simbolismo xa que foi onde a escritora foi bautizada ao día seguinte de nacer.

Amplo programa

O Concello de Padrón mantén aberta ata o vindeiro domingo día 25 de febreiro a exposición ‘Herbario de Rosalía’ no Convento do Carme coa recompilación de imaxes de corenta plantas e flores mencionados pola autora en diversas pasaxes da súa obra. O horario de visita é de martes a venres, de 17.00 a 19.00 horas e sábados e domingos, de 11.00 a 13.00 horas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os actos que teñen como protagonista a Rosalía rematarán na fin de semana. O sábado 24, baixo a organización da Asociación Cultural Rosalía de Castro, poderemos asistir a unha nova edición da Gala Rosalía Foliadeira. A cita terá lugar no Auditorio a partir das 19.30 horas. Xa o domingo 25, tamén no Auditorio, un concerto da Banda de Música Municipal pechará a programación do Mes de Rosalía en Padrón.

Etiquetas

actividadescomarcapadronradio lider santiagorosalia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol