ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoPolítica

Padrón presenta a súa estratexia de habitabilidade e crecemento con seis liñas clave de actuación

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de junio de 2025 a las 18:30

Compartir
  • O plan baséase en seis liñas clave: regulación turística, nova construción, vivenda pública, licenzas máis áxiles, rehabilitación e novos plans urbanísticos
  • “Estamos sentando as bases para elevar a calidade de vida das padronesas e padroneses, e para que toda aquela persoa que queira vivir no noso municipio poida facelo con calidade e dignidade”, subliña Anxo Arca

Padrón. 25-6-2025.- O Concello de Padrón fixo pública este mércores 25 de xuño a súa estratexia de habitabilidade e crecemento, unha folla de ruta clara e ambiciosa que ten como obxectivo resolver o problema estrutural de acceso á vivenda, dinamizar o urbanismo local e fixar poboación a medio e longo prazo.

O alcalde, Anxo Arca, explicou as liñas estratéxicas nas que leva traballando o actual goberno municipal dende hai meses, co convencemento de que «o acceso á vivenda é o principal reto ao que se enfronta Padrón se quere garantir o seu futuro». A estratexia municipal estrutúrase arredor de seis grandes eixes de acción, deseñados para actuar sobre os principais condicionantes urbanísticos, legais e sociais que limitan o crecemento ordenado e sostible do municipio.

1. Regulación das vivendas de uso turístico

O Concello de Padrón está a preparar unha ordenanza específica que adapte a normativa superior á realidade local, seguindo modelos de éxito como o de Santiago de Compostela. Están en estudo medidas como a limitación en altura, a transformación de baixos comerciais en vivendas, a posibilidade de declarar zonas tensionadas e a implantación dunha taxa turística. O obxectivo é  recuperar vivendas para o alugueiro convencional e contribuír á moderación dos prezos.

2. Fomento da construción de vivenda nova

Padrón leva décadas sen desenvolver vivenda nas zonas máis atractivas debido á existencia de unidades de actuación bloqueadas por intereses especulativos. O goberno actual traballa activamente para desbloquear estas unidades e poñer en marcha proxectos urbanísticos reais. O exemplo máis destacado é a unidade da antiga azucreira en Iria, onde xa está moi avanzado un plan de urbanización que se espera poida comezar a executarse en breve. A este respecto, o rexedor criticou con dureza a política urbanística do Partido Popular que “durante máis de vinte anos fixo que Padrón vira como moitos pobos do seu entorno medraron mentres que o noso quedou estancado” e engadiu que “será este goberno quen desbloquee esta situación e sente as bases do crecemento, porque Padrón é un pobo cheo de oportunidades onde moita xente quere vivir”.

3. Vivenda pública: dispoñibilidade de terreos

Dentro da mesma unidade de actuación da azucreira, o Concello prevé poñer a disposición da Xunta de Galicia e do Goberno de España terreos para a construción de vivenda pública. O obxectivo é garantir “o dereito a unha vivenda digna” e facilitar o acceso á mesma a toda a cidadanía.

4. Axilidade na tramitación de licenzas

Dende a chegada do novo goberno, a xestión urbanística mellorou de forma notable, reducindo tempos de tramitación eincrementando o volume de obras en execución. O Concello comprométese a seguir mellorando os procedementos para facilitar que as iniciativas de construción e rehabilitación se poidan desenvolver sen demoras innecesarias Anxo Arca aludiu neste punto á importante cantidade de obras en execución nestes momentos en todo Padrón, que evidencia a axilidade crecente do departamento de urbanismo en canto á resolución de licencias urbanísticas e comunicacións previas.

5. Rehabilitación de vivenda ruinosa urbana e rural

O Concello está a promover a rehabilitación do parque de vivendas en mal estado, tanto no centro urbano como no rural, ofrecendo asesoramento sobre axudas e subvencións dispoñibles e axilizando os trámites urbanísticos correspondentes.

6. Planificación estratéxica: plans especiais e PXOM

Está xa moi avanzado o Plan Especial do casco urbano de Padrón, que se prevé someter a aprobación inicial proximamente. Tamén se traballa activamente no Plan Especial de Iria e na revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), cun ritmo constante de reunións técnicas bisemanais. Estes instrumentos permitirán definir de forma clara os criterios urbanísticos e garantir que todas as actuacións se adapten ás necesidades actuais da cidadanía.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O alcalde Anxo Arca concluíu destacando que “Padrón está preparado para aumentar o seu nivel de habitabilidade. Estamos sentando as bases para elevar a calidade de vida das padronesas e padroneses, e para que toda aquela persoa que queira vivir no noso municipio poida facelo con calidade e dignidade”. Esta estratexia enmarca o labor do goberno municipal nunha visión de futuro que combina o rigor técnico coa vontade política de dar resposta aos grandes retos demográficos e sociais que afectan á vila.

Etiquetas

padron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’