Padrón oferta máis de quince modalidades deportivas para todas as idades no curso 2025/2026
Líder Redacción
29 de agosto de 2025 a las 15:21
- As clases comezarán o 29 de setembro e rematará o 17 de xuño
- O prazo de matrícula abrirase o 10 de setembro para persoas empadroadas no municipio e o 17 de setembro para o público en xeral
Padrón. 29-8-2025.- O Concello de Padrón anuncia a posta en marcha da súa programación anual de Escolas Deportivas Municipais e Actividades Físico-Deportivas, que se desenvolverá entre o 29 de setembro de 2025 e o 17 de xuño de 2026. A iniciativa, coordinada pola Concellaría de Deportes, pretende ofrecer á veciñanza unha ampla variedade de disciplinas deportivas adaptadas a todas as idades, desde a infancia ata a idade adulta.
A proposta recolle unha oferta específica para nenos e mozos, organizada en Escolas Deportivas Municipais, nas que se inclúen modalidades como atletismo, baloncesto, fútbol sala, hockey, patinaxe artístico, tenis, voleibol, ximnasia rítmica, xadrez e judo, ademais dun programa de motricidade para os máis pequenos. As actividades desenvolveranse en grupos por idades, en instalacións como o Pavillón do Souto e o Pavillón do Grupo Escolar.
No apartado das Actividades Físico-Deportivas para maiores de 14 anos, a programación abrangue propostas variadas que van desde o cardiofit, o fit bike ou gap/cardio ou o tonificación, ata disciplinas orientadas á saúde e ao benestar como ioga, pilates, hipopresivos ou escolas de espalda. Tamén se ofertan clases de ximnasia de mantemento, tenis en horario de noite e xogos populares como a chave (neste último caso de balde). Estas actividades impartiranse en diferentes espazos municipais, entre eles o Pavillón do Souto, o Auditorio Municipal e o Centro Sociocultural de Carcacía.
As cotas de participación varían segundo os grupos de idade:
- 40 euros de matrícula por tempada máis 5 euros por actividade para escolares de 3 a 17 anos.
- 50 euros de matrícula máis 7 euros por actividade para mozos de 18 a 25 anos.
- 60 euros de matrícula máis 10 euros por actividade para adultos a partir de 26 anos.
- Modalidade familiar cun prezo de 120 euros de matrícula por tempada e tarifas reducidas de 5, 7 ou 10 euros por actividade.
Ademais, as familias numerosas poderán beneficiarse dunha redución do 10% nas cotas.
O prazo de matrícula abrirase o 10 de setembro para persoas empadroadas no municipio e o 17 de setembro para o público en xeral. As inscricións poderán realizarse na Oficina de Deportes, situada no Centro Social do Concello de Padrón (Campo do Souto nº 2), ou a través dos teléfonos 664 076 974 e 981 811 329, así como nos correos electrónicos deportespadron@yahoo.es e deportes@padron.gal



