ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaSociedadTurismo

Padrón mellora a área recreativa da desembocadura dos ríos Sar e Ulla

• Levouse a cabo unha renovación integral da área recreativa para facer deste espazo natural un punto de referencia para o lecer, o turismo e a posta en valor do patrimonio local
• A actuación contou cunha subvención de 60.080,54 euros da Axencia de Turismo de Galicia, no marco das axudas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia
• Foi financiada nun 90% cos fondos NextGenerationEU e completada con fondos municipais

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de diciembre de 2024 a las 11:55

Compartir

O Concello de Padrón levou a cabo unha renovación integral da área recreativa dos ríos Sar e Ulla co proxecto denominado Embelecemento do litoral na área recreativa da desembocadura. A actuación contou cunha subvención de 60.080,54 euros da Axencia de Turismo de Galicia, no marco das axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU nun 90%, e completada con fondos municipais.

O obxectivo do proxecto foi recuperar e mellorar este espazo natural para convertelo nun punto de referencia para o lecer, o turismo e a posta en valor do patrimonio local.

As actuacións realizadas incluíron a eliminación de elementos en mal estado como barandillas, fontes e equipamentos do antigo parque infantil; a recuperación das sendas e a eliminación de herbáceas para facilitar o acceso e mellorar a seguridade e a plantación de árbores autóctonas para preservar o entorno natural. Ademais colocáronse novas fontes, incluíndo unha adaptada para cans, e instalouse novo mobiliario urbano dende bancos de pedra a barandillas renovadas.

O plan de mellora tamén incluíu a creación dun parque infantil para maiores de 6 anos, fabricado con materiais reciclados, así como a construción dun pequeno auditorio de pedra, deseñado para eventos de pequeno formato onde se pode observar o solpor. Esta nova estrutura axudará a reducir a capacidade de carga do turismo que pode ter o centro histórico en épocas de máximo auxe.

Ademais, esta área padronesa conta así mesmo cunha nova estrutura decorativa en forma de dorna, que lembra as embarcacións tradicionais empregadas na pesca na zona. Esta estrutura, co lema Díxolle a lamprea ao salmón: ti vas río arriba ou quedas en Padrón?, está pensada como un atractivo turístico e un espazo para fotografarse coas vistas da confluencia dos ríos Sar e Ulla.

Promoción do turismo e o lecer

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A concelleira de Turismo, Chus Campos, destacou a importancia deste proxecto que amosa “o compromiso do goberno municipal co patrimonio natural e cultural de Padrón”. “O obxectivo destas actuacións foi embelecer esta zona tan emblemática, ao tempo que creamos un espazo versátil que poida ser aproveitado tanto para o lecer como para actividades culturais e turísticas. Co novo auditorio ou o parque infantil, queremos que esta área sexa desfrutada por persoas de todas as idades”, engadiu.

Etiquetas

padron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’