ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Padrón impulsa un programa turístico para 2026 con máis de 50 accións

• A iniciativa inclúe rutas culturais, visitas guiadas, actividades gastronómicas e propostas de turismo activo ao longo de todo o ano
• O Concello reforza a colaboración con entidades e empresas locais para consolidar un modelo turístico sostible e de calidade

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de abril de 2026 a las 00:26

Compartir

Padrón. 20-4-2026.- O departamento de Turismo do Concello de Padrón deseñou para 2026 un ambicioso programa integral de promoción turística que inclúe máis de 50 accións e actividades ao longo de todo o ano, orientadas á dinamización do territorio, á posta en valor do patrimonio e á promoción dun turismo sostible e responsable.

Esta planificación abrangue propostas que combinan cultura, natureza, gastronomía e lecer, co obxectivo de consolidar Padrón como un destino atractivo durante todo o ano. O programa incide especialmente na valorización do patrimonio material e inmaterial do municipio, con iniciativas como itinerarios culturais, visitas guiadas, rutas literarias vinculadas a figuras universais como Rosalía de Castro e Camilo José Cela, así como actividades de recuperación e difusión das tradicións locais.

Moitas destas accións están organizadas directamente pola Concellería de Turismo, mentres que outras se desenvolven en colaboración con entidades de referencia como a Fundación Pública Galega Camilo José Cela e a Casa Museo Rosalía de Castro, reforzando así a calidade e o alcance da oferta.

A programación incorpora tamén unha importante vertente ambiental, con propostas centradas na promoción do patrimonio natural, o sendeirismo, o turismo de natureza e o goce responsable da paisaxe. Neste sentido, inclúense actividades como baños de bosque, rutas interpretativas, paseos guiados ou iniciativas de educación ambiental.

Ademais, todas as accións integran criterios de sustentabilidade, promovendo boas prácticas como a redución de residuos, a mobilidade sostible e a sensibilización turística, aliñadas cun modelo de desenvolvemento respectuoso co medio.

Entre as actividades xa desenvolvidas ou previstas destacan a presenza en feiras turísticas como Fitur en Madrid ou Festur en Silleda, propostas gastronómicas como Sabores de Padrón, a ruta da croqueta ou as Xornadas da Lamprea, así como iniciativas culturais e divulgativas vinculadas ao territorio, como rutas polas pesqueiras, visitas ao Xardín Botánico ou actividades nas escolas.

Una ampla variedade de propostas

Ao longo dos próximos meses, o calendario completarase con múltiples propostas, entre as que figuran visitas guiadas e teatralizadas -como Rosalía na Matanza (23 de abril e 23 de maio), Cela, a visita guiada ou Macías, tres camiños, tres destinos (o 13 e o 27 de xuño)-, actividades de benestar como Padrón Saudable, catas de produtos locais, rutas pet friendly, iniciativas vinculadas ao río Ulla ou experiencias singulares como a recollida das herbas de San Xoán.

O programa inclúe tamén accións específicas de carácter social, como visitas dirixidas a persoas inmigrantes para facilitar a súa integración e o coñecemento do territorio, así como actividades educativas ao longo de todo o ano en colaboración cos centros escolares.

As inscricións para todas as actividades estarán dispoñibles a través da páxina web oficial www.padronturismo.gal/inscricions, facilitando o acceso da cidadanía e das persoas visitantes á programación.

Desde o departamento de Turismo destacan a importancia da colaboración co tecido empresarial local, apoiando e promocionando as iniciativas impulsadas por empresas do sector. Esta sinerxía permite ofrecer experiencias máis completas e auténticas, ao tempo que contribúe ao desenvolvemento económico e á creación de emprego no municipio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con este programa, o Concello de Padrón reafirma a súa aposta por un turismo de calidade, sostible e vinculado á identidade do territorio, consolidando a súa posición como un dos destinos de referencia en Galicia.

Etiquetas

padronturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón