ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Padrón gañará espazo peonil, carril bici e mobiliario urbano coa reforma da N-550

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de marzo de 2026 a las 15:47

Compartir
  • O delegado confirmou ao rexedor que o Goberno está redactando xa o proxecto desta actuación, cumprindo unha demanda do Goberno Local e da veciñanza
  • O Ministerio de Transportes investirá 3 millóns de euros para transformar a travesía nunha zona máis segura e adaptada a novas formas de mobilidade
  • Pedro Blanco confirma que Transportes asfaltará nas vindeiras semanas a travesía da N550 no marco do Plan Extraordinario de Mellora de Estradas en Galicia que está a reparar os danos dos temporais

Padrón (A Coruña), 31 de marzo de 2026.- O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o alcalde de Padrón, Anxo Rei, avanzaron hoxe o proxecto que impulsa o Goberno para humanizar a Nacional 550 ao paso por esta localidade, e que, segundo indicou Pedro Blanco, “materializa o traballo conxunto que levamos desenvolvendo ambas administracións nos últimos meses”.

O delegado desprazouse esta mañá ata o Concello de Padrón onde analizou co alcalde o impacto desta mellora da mobilidade urbana na que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible investirá 3 millóns de euros, cumprindo “unha demanda do Goberno Local e da propia veciñanza”.

Pedro Blanco subliñou que esta actuación creará un espazo seguro e accesible, con espazo para os peóns, carril bici, zonas verdes e mobiliario urbano, que se estenderá ao longo de case un quilómetro entre o centro urbano e o límite coa provincia de Pontevedra: “un proxecto en liña con outros que estamos a desenvolver noutras localidades de Galicia e que mellorará indubidabelmente e a seguridade viaria dos veciños e veciñas desta localidade e das persoas que, cada vez máis, se desprazan en medios alternativos como a bicicleta”.

Nunha reunión celebrada na Casa do Concello, Pedro Blanco e Anxo Rei puideron ver os avances neste proxecto, que se atopa actualmente en redacción, para poder comezar o antes posible a tramitación administrativa.

Medio millón de euros para mellorar a N550 en Padrón

Neste encontro, o delegado confirmou ao alcalde que o Ministerio de Transportes desenvolverá nas vindeiras semanas os traballos de asfaltado da estrada nacional 550 ao paso por Padrón. Unha actuación que forma parte do Plan Extraordinario de Mellora de Estradas en Galicia que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Urbana está a executar para reparar os danos provocados polos temporais nas estradas da competencia do Estado en Galicia. Pedro Blanco sinalou que “en próximas datas veremos a maquinaria reparando o firme da nacional ao paso por este Concello”.

En paralelo, a Demarcación de Estradas executará outras melloras na estrada dentro do contrato ordinario de reparación de estradas. Entre ambos contratos de reparación, o delegado sinalou que o Goberno investirá en Padrón medio millón de euros.

Outros investimentos

Na reunión celebrada hoxe, o delegado e o alcalde repasaron outros investimentos que o Goberno executa ou financia nesta localidade, como a mellora da iluminación viaria en parroquias como Carcacía, a nova estación de tratamento de auga potable, e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Ministerio de Cultura coa Fundación Rosalía.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

delegado do gobernopadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’