ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaTurismo

Padrón edita o ‘Decálogo do Turista Responsable’ para promover un turismo sostible e respectuoso

• O folleto, dispoñible en tres idiomas, destaca boas prácticas para coidar o patrimonio, a natureza e a convivencia veciñal
• A iniciativa está aliñada cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a certificación “S” de Sostibilidade Turística

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de julio de 2025 a las 14:00

Compartir

Padrón. 29-7-2025.- A Oficina de Turismo do Concello de Padrón presentou este mes un novo folleto dirixido ás persoas visitantes que leva por título Decálogo do Turista Responsable, unha guía práctica para gozar do patrimonio, a cultura e a natureza local desde unha perspectiva de respecto e sustentabilidade. A iniciativa enmárcase nos obxectivos marcados tras a obtención da distinción ‘S’ de Sostibilidade Turística, recoñecemento que certifica o compromiso do destino co cumprimento dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

O folleto foi distribuído en castelán, galego e inglés.

Baixo lemas como Descubre Padrón con conciencia ou O teu viaxe deixa pegada, que sexa positiva, a guía convida a reflexionar sobre o impacto individual das persoas visitantes e ofrece pautas claras para contribuír á conservación dos recursos culturais e naturais do municipio.

O decálogo inclúe recomendacións como o respecto polo patrimonio histórico, a participación nas actividades locais desde a empatía, o coidado do medio natural, o consumo de produtos de proximidade, o uso responsable de auga e enerxía ou a importancia de desprazarse de forma sostible. Tamén se anima a seguir a sinalización turística, respectar a veciñanza e compartir as experiencias nas redes sociais sen vulnerar a privacidade doutras persoas.

A guía destaca que practicar un turismo responsable non só beneficia ao destino, senón que tamén mellora a experiencia das persoas viaxeiras, fortalece a economía local e fomenta relacións baseadas no respecto mutuo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O folleto, que tamén se pode consultar en formato dixital a través da páxina web de Padrón Turismo (https://acortar.link/wNl8IP), reflicte o compromiso do Concello de Padrón cun modelo turístico máis consciente, integrador e sostible. Desde a Oficina de Turismo lémbrase que Padrón é un destino singular, máxico, cargado de historia, cultura e paisaxes único, é coidalo é tarefa de todas e todos, tamén de quen o visita.

Etiquetas

padronturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago
Actualidad

Nueva York y mucho más: Infinita Viajes analiza las nuevas conexiones desde Santiago

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón