ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaSociedad

Padrón amplifica “o esforzo, a fortaleza e a voz” das mulleres na gala das Rumorosas 2026

• Mariló Saco reafirma o compromiso do Concello coa erradicación da violencia machista, a promoción da igualdade laboral, a educación en valores e a visibilización do papel das mulleres

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de marzo de 2026 a las 21:24

Compartir

• Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco e Eneida León recolleron o galardón Rumorosas 2026

Padrón. 8-03-2026.- O Concello de Padrón reafirmou hoxe o “compromiso firme e innegociable coa igualdade real e efectiva” durante o acto institucional do Día Internacional da Muller. A concelleira de Igualdade, Mariló Saco, afirmou a disposición do goberno municipal a “redobrar esforzos para construír unha contorna máis xunta, segura e equitativa para todas” e a render homenaxe “ás mulleres do noso municipio: ás traballadoras, ás coidadoras, as mozas que soñan cun futuro sen límites, ás nosas maiores que loitaron para conseguir o que hoxe temos e, como non, ás nosas Rumorosas”.

Precisamente, oito mulleres foron as protagonistas da gala de conmemoración do 8M, ás a que este año se lles entregou o recoñecemento Rumorosas 2026: Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco e Eneida León.

Nun acto conducido pola artista Sheila Patricia, nestas oito mulleres o Concello quere visibilizar e recoñecer este ano o papel fundamental de mulleres que, co seu esforzo diario e a súa excelencia profesional e humana, foron e son pezas clave no motor social e económico de Padrón.

Lola Paz, mestra de primaria durante 38 anos, dedicou a súa vida a educar dende o corazón e actualmente é piar fundamental no voluntariado de San Vicente de Paúl. Amparo Acosta simboliza a forza feminina no sector industrial. Foi unha das primeiras mulleres en integrarse na Picusa, á que dedicou máis de catro décadas de compromiso e constancia. Anabel Rivas, catedrática xubilada de Latín e Grego, formou a xeracións de alumnos e alumnas durante catro décadas convencida de que a educación é rigor, pero tamén é gozo. Anabel lanza un aviso á mocidade neste 8M: “Creo que a xente máis nova está a baixar a garda. Debemos coidar e fortalecer, con responsabilidade, todo o que xa conseguimos”.

Para Carmen Osorio, á fronte da Tienda Mundial durante corenta anos, o futuro escríbese con unión: “Ás mulleres aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero con respecto, forza e determinación, somos capaces de acadar todo o que nos propoñamos”. Catalina Pereira, que actualmente forma parte da Selección Galega Sub-16, representa a forza dunha nova xeración de rapazas futbolistas. “Non debemos frear os nosos soños por ser mulleres”, asegura. María Teresa López actualizou a histórica Joyería Escotti, fundada en 1865, e destaca pola súa seriedade, calidade e confianza nun ámbito tradicionalmente masculino.

“Necesitamos referentes e unha cultura que visibilice o traballo das mulleres na ciencia. É preciso educar con actitude e sen prexuízos”, asegura Verónica Blanco, bióloga e investigadora en biotecnoloxía na USC. Para Eneida León, adestradora personal que leva máis dunha década axudando a homes e mulleres a sentirse seguros e saudables, “o 8M é un momento para reivindicar os nosos dereitos e o esforzo que facemos para ocupar o mesmo lugar que os homes”.

Manifesto institucional

Na lectura do manifesto institucional, Mariló Saco volveu ratificar o compromiso do Concello de Padrón coa “prevención e a erradicación da violencia machista”, reforzando programas municipais de atención a protección. Tamén “coa igualdade no ámbito laboral”, apoiando iniciativas que impulsen a conciliación e a corresponsabilidade. A “educación en valores igualitarios”, clave para garantir un futuro libre de discriminación, foi outro dos compromiso citados pola concelleira.

O Concello de Padrón tamén se compromete a “visibilizar o papel das mulleres na vida cultural, social e económica de Padrón, recoñecendo as súas achegas históricas e presentes”, asegurou Mariló Saco.

 

 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.