ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Padrón acolle o 21 de decembro o II Torneo de Xadrez ‘Rosalía de Castro’

·        O Clube Xadrez Padrón organiza a segunda edición desta competición que reparte máis de 500 euros en premios

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2024 a las 19:39

Compartir

·        O obxectivo é consolidarse como un evento destacado no panorama deportivo galego

Padrón. 27-11-2024.- O Concello de Padrón colabora co Clube Xadrez Padrón na organización da segunda edición do Torneo de Xadrez Rosalía de Castro, que terá lugar o sábado 21 de decembro no polideportivo municipal. O evento está aberto a participantes de todas as idades, desde a categoría sub-8 ata veteráns maiores de 55 anos, demostrando o carácter interxeracional deste deporte.

Nesta edición, o torneo repartirá máis de 500 euros en premios, incluíndo un premio de 120 euros para o gañador absoluto. Ademais, entregaranse trofeos aos primeiros clasificados nas categorías feminina, local, veteráns, sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8.

O obxectivo do torneo é fortalecer o papel de Padrón como un lugar de referencia para o xadrez en Galicia. Nos últimos anos, a vila acolleu campionatos galegos de distintas categorías, tanto por idades (sub-8 a sub-18) como os absolutos individuais e torneos galegos por equipos, en modalidades de partidas rápidas e Blitz.

O evento disputarase a sete roldas (ou oito se se superan os 90 participantes), con partidas rápidas de 10 minutos máis 3 segundos por xogada. A competición desenvolverase entre as 15:40 e as 20:20 horas e será válida para a puntuación ELO de partidas rápidas, un sistema recoñecido pola Federación Internacional de Xadrez que mide o nivel de xogadores federados de todo o mundo.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a ajedrezpadron@gmail.com ou mediante WhatsApp no número 679 167 890. O prazo de inscrición remata o 18 de decembro, e o número máximo de participantes será de 150. A menos dun mes para o torneo, xa hai máis de 20 xogadores inscritos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Toda a información detallada pode consultarse na páxina oficial do torneo: https://info64.org/ii-torneo-rosalia-de-castro-concello-de-padron

Etiquetas

padrontorneoXadrez
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

A SD Compostela gaña o IV Torneo F11 Sub 12 Vedra-Boqueixón
Deportes

A SD Compostela gaña o IV Torneo F11 Sub 12 Vedra-Boqueixón

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos