ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ovidio Rodeiro analiza co conselleiro de Cultura proxectos para o patrimonio de Boqueixón

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de octubre de 2024 a las 18:53

Compartir
  • Ovidio Rodeiro e José López Campos analizaron cuestións como a declaración do Pico Sacro como BIC e futuras actuacións de conservación na ponte de Ledesma

Boqueixón, 2 de outubro de 2024.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, mantivo unha reunión en San Caetano co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, para analizar varios proxectos de mellora do patrimonio cultural no municipio. Unha reunión na que o alcalde se interesou polo estado da tramitación do expediente de declaración do Pico Sacro como Ben de Interese Cultural.

“O Pico Sacro é un dos referentes culturais e turísticos xa non de Boqueixón senón de Galicia. Non esquezamos a relevancia deste monte sacro como orixe de Compostela, tal e como se deixa ver no Códice Calixtino. Un espazo singular que merece ser declarado Ben de Interese Cultural por moitos motivos: pola súa relación coa cultura Xacobea e coa relixión, pola súa pegada na nosa literatura, polas súas características arqueolóxicas, polos seus atractivos para a espeleoloxía ou polos seus valores xeolóxicos, pois se trata dunha montaña de cuarzo nun territorio granítico, o que a converte nunha auténtica singularidade xeolóxica”, sinala o alcalde de Boqueixón.

Neste sentido, Ovidio Rodeiro destacou os traballos acometidos polo Concello de Boqueixón nos últimos anos para poñer en valor a contorna do Pico Sacro. Dende as actuacións acometidas ao abeiro do Premio Parabéns (outorgado pola Xunta de Galicia e que permitiron a demolición dunha estrutura de formigón inacabada na subida ao cumio ou a substitución da cuberta do depósito municipal de augas por outra de tipo vexetal para reducir o seu impacto paisaxístico), ata a limpeza da contorna do monte Ilicino, a plantación de especies arbóreas autóctonas, a limpeza e retirada de 3.100 quilos de refugallos das covas ou os recentes traballos de acondicionamento das estruturas de madeira ou a renovación de toda a sinaléctica do lugar.

Ponte Ledesma

Así mesmo, o alcalde de Boqueixón aproveitou para presentarlle ao conselleiro varios proxectos de conservación da ponte de Ledesma, así como outras iniciativas de acondicionamento e mellora de varios espazos culturais de titularidade municipal. “A ponte de Ledesma conta cunha importante historia. Zona de paso no tempo dos romanos, priorato visitado polos arcebispos de Compostela e escenario da histórica batalla contra as tropas napoleónicas no 1809”, lembrou Ovidio Rodeiro, quen destacou tamén que “se trata tamén dun enclave de gran interese turístico que atrae cada ano a máis visitantes”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para poñer en valor este lugar, o Concello de Boqueixón puxo en marcha iniciativas culturais como a Noite Velada ou a recreación da batalla de Ponte Ledesma, que teñen lugar durante a primeira semana de agosto e que atraen a milleiros de persoas ata o lugar, así como actividades culturais, deportivas e de ocio.

Etiquetas

boqueixonculturapatrimoniopoliticaReunion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo