ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Os socialistas piden negociar coas aeroliñas tras o recorte de 400 mil plazas no Rosalía de Castro

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de febrero de 2024 a las 11:21

Compartir

 

 

Advirte de que a redución prevista por parte da compañía aérea con máis presenza no aeroporto de Lavacolla implicaría pasar de 25 a 20 conexións, afectando singularmente ás internacionais.

“O noso aeroporto leva, ou levaba, xa varios anos de crecemento constante de pasaxeiros e de conexións, e ante este recorte é necesario atopar con urxencia outras compañías que substitúan esa menor oferta” afirma.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024. A compañía aérea con maior presenza no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro ten previsto reducir o número de prazas ofertadas na tempada de verán (abril-outubro) en 400 mil, pasando de ter 25 a 20 conexións, o que afectará singularmente ás internacionais. Así o advertiu este mércores o concelleiro socialista, Sindo Guinarte, logo de coñecerse polos medios este recorte de liñas “despois de varios anos de crecemento constante no número de pasaxeiros e de conexións”.

Guinarte instou ao goberno municipal, sobre todo a través de INCOLSA, a levar a cabo “accións específicas para que as compañías aéreas que poidan estar interesadas coñezan as vantaxes comparativas do noso aeroporto” e a “traballar con elas para a posta en marcha de novas rutas e conexións directas, sobre todo internacionais”. O que fora responsable de Turismo durante o goberno socialista insiste en que os turistas que chegan a través de viaxes aéreos, é o turismo “máis desestacionalizado á marxe da temporada alta” e ese, recalca, “é un ámbito que todos recoñecementos que temos capacidade de medrar”.

O aeroporto de Lavacolla leva, “ou levaba” varios anos de crecemento continuo superando os tres millóns de viaxeiros sendo, incluso, “o aeroporto, dos de primeiro nivel, que mellor se recuperou dos efectos da pandemia” lembra Guinarte, recalca que a cota de mercado no conxunto dos aeroportos galegos chega a preto do 65% de pasaxeiros.

Reunión do Comité de coordinación aeroportuaria de Galicia

Os socialistas reclama ademais a convocatoria do Comité de coordinación aeroportuaria de Galicia no que participan todas as administracións implicadas e que ten, entre as súas funcións, canalizar as actuacións relacionadas coa promoción do transporte aéreo.

Ademais, propoñen instar a AENA a levar a cabo un plan de marketing específico para potencia o aeroporto de Compostela como referencia aeroportuaria de Galicia.

Insiste Guinarte en que o Rosalía de Castro é o aeroporto con mellores conexións, ao tempo que se trata dunha terminal “perfectamente dimensionada, cos mellores sistemas de seguridade e cun nivel de cancelación baixísimo”. Activos que, a ollos do edil socialista, poden resultar atractivos a novas compañías para se asentar na nosa cidade.

“Os datos que se auguran lamentablemente non son bos, non nos deixan satisfeitos”

Preguntado pola valoración da xestión aeroportuaria e turística do goberno local, Guinarte recalcou a preocupación polos datos de recorte de prazas ofertadas previsto pola compañía con maior presenza no aeroporto de Compostela. Unha redución que, lembra, se sumaría ao recorte de vos xa materializado nos meses de outono e inverno.

“Á marxe das declaracións da concelleira responsable en FITUR sobre uns posibles contactos con novas arealiñas non hai moito que valorar” asegura Guinarte, en relación ao anuncio do goberno local de reunións con compañías durante a celebración da feira de turismo en Madrid: “os datos que se auguran lamentablemente non son bos e nos deixan insatisfeitos”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así, asegura recibir con agrado eses contactos, pero matiza, “iso convértese en moito máis necesario e perentorio cando temos unha compañía que vai reducir, de abril a outubro, en 400 mil as prazas ofertadas”. Insiste na “urxencia” de atopar novas compañías que substitúan esa menor oferta de voos e insta ao executivo local a “ir máis alá” para manter “o crecemento constante dos últimos anos”.

Etiquetas

aeroliñasaeroportocompostelapsoeradio lider santiagosantiagosocialistas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha