ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Os empresarios do Tambre reciben á conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez

 

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de marzo de 2024 a las 17:45

Compartir

 

 

  • Abordaron a ampliación do polígono da Sionlla, que sumará 400 mil metros cadrados a finais de 2025, e a reserva de 63.000 metros cadrados para acoller novas compañías tecnolóxicas no Biopolo
  • José Fernández Alborés, presidente da asociación: “O nivel de ocupación non é alto, pero marcámonos dous anos para chegar ao 50 %. Imos polo bo camiño e en breve teremos noticias positivas”

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET), José Fernández Alborés, recibiu hoxe no Biopolo Sionlla a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez. Na xuntanza, conversaron sobre a ampliación do polígono e o desenvolvemento e a captación de empresas para o Biopolo Sionlla.

Alborés destacou que o Biopolo Sionlla está aberto desde hai un ano, aínda que está pendente a súa inauguración oficial que se celebrará proximamente coa coordinación da alcaldía do Concello de Santiago e Presidencia da Xunta de Galicia.

O presidente da asociación empresarial explicou que xa hai a día de hoxe 63.000 metros cadrados de solo reservado para o Biopolo Sionlla. “Por nós esta superficie xa estaría ocupada, pero é un proceso lento no que hai que traballar moito. Non é sinxelo convencer a empresas biotecnolóxicas multinacionais que veñan para Galicia, hai que facelo con paciencia. Temos que demostrarlle o que temos, que temos talento. O nivel de ocupación non é alto, pero marcámonos dous anos para chegar ao 50 %. Imos polo bo camiño e en breve teremos noticias positivas” –sinalou–.

En canto ás deficiencias do polígono da Sionlla, como a falta da luz, Alborés indicou que tanto o Concello como a Consellería xa o saben e é cuestión de poñer os trámites administrativos en marcha. Sobre o Orbital, o presidente considera que arrastra un retraso importante e non ve “nada claro” que estea aberto no mes de xuño.

Pola súa parte, Ángeles Vázquez anunciou que se está a avanzar na ampliación do polígono da Sionlla coa previsión de sacar a concurso as novas parcelas e licitar a urbanización a finais do próximo ano. O seu departamento traballa para desenvolver o antes posible o SUND 29, cunha superficie de 407.500 metros cadrados e nunha zona contigua ao parque existente, pero separados pola AP-9.

Tal e como explicou a responsable autonómica, o estudo sobre as conexións exteriores —para as que se aproveitarán as do polígono actual— e a valoración previa das instalacións que hai no ámbito xa están feitas e o pasado xaneiro a Xunta adxudicou por 162.000 euros máis IVE a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE), documento que orientará o desenvolvemento da ampliación. A previsión é que o borrador do plan estea listo o vindeiro mes de maio polo que a partir dese momento xa se podería iniciar a súa tramitación.

Ademais, a conselleira lembrou que a empresa pública Xestur Galicia ten reservadas 7 parcelas, que suman unha superficie de 63.798 metros cadrados ao carón do chamado Orbitaliño, reservadas e listas para acoller iniciativas empresariais do sector tecnolóxico, uns terreos que xunto co edificio de usos múltiples no que se celebrou a reunión desta mañá conforman o chamado Polo Biotech ou Biopolo.

CSIEB, edificio modular, tecnolóxico e eficiente de 2.500 metros cadrados con 18 laboratorios

Biopolo Sionlla é un proxecto creado para impulsar a biotecnoloxía galega e facer de Galicia un referente internacional no sector, a través dun modelo de colaboración público-privado que se materializa en infraestruturas adaptadas as súas necesidades e que se sitúa no parque empresarial da Sionlla en Santiago de Compostela. Foi impulsado pola Asociación Área Empresarial do Tambre en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Universidade de Santiago (USC) e a Cámara de Comercio de Santiago.

Este proxecto industrial estratéxico para Santiago e Galicia está dividido en tres áreas: o Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB), en funcionamento desde abril de 2023; a área de infraestrutura de espazos industriais; e a área de solo industrial a disposición de empresas biotecnolóxicas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O CSIEB dispón de 18 laboratorios modulares onde actualmente xa están instaladas a multinacional santiaguesa Zinpro, líder en nutrición animal, e SunRock Biopharm, compañía biotecnolóxica dedicada ao desenvolvemento de anticorpos para o tratamento de tumores altamente invasivos con necesidades urxentes de terapias oncolóxicas. Tamén xa están no centro de servizos innovadores Unirisco, a primeira empresa de capital risco vinculada aos proxectos procedentes das universidades e dependente do Concello de Santiago e a Universidade de Santiago (USC), e Bioga (Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia) que rexistrou a súa sede fiscal no Biopolo Sionlla.

Etiquetas

empresariosmedio ambienteradio lider santiagoReuniontambrexunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha