ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Sin Categoría

Os concellos de Arzúa e Melide manifestan a súa oposición ao proxecto de Altri

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de marzo de 2024 a las 17:21

Compartir

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, informou hoxe que o Concello de Arzúa presentará alegacións ao proxecto da macrocelulosa que Altri-Greenfiber pretende instalar no concello de Palas de Rei e cuxa Avaliación e Estudo de impacto ambiental está en exposición pública até o vindeiro 17 de abril.

“Tal e como se desprende do estudo do proxecto, Arzúa ficaría afectada no caso da construción desta factoría, tanto do punto de vista socieconómico como ambiental. Preocúpanos o uso que esta factoría prevé facer das augas do encoro de Portodemouros así como impacto que pode ter na saúde polo deterioro da calidade do aire e na distribución de contaminantes, así como o impacto negativo que poida ter no tecido produtivo, fundamentalmente na agrogandeiría, e no Camiño de Santiago” sinalou Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa.

Desde a alcaldía do Concello de Arzúa informan tamén que poñen a disposición da veciñanza que queira alegar o modelo de alegación elaborado pola Plataforma veciñal Ulloa Viva. “Esta alegación pode ser recollida na Casa do Concello. As veciñas e veciños que o desexen poden presentala no rexistro do Concello, a través do portelo único e tamén poden descargala na web do Concello, www.arzua.gal, onde temos pendurada xa desde fai días a información pública sobre o proxecto” explicou Carril.

“Animo á veciñanza a informarse e a alegar, porque son moitos os efectos negativos desta macrocelulosa que pretenden instalar a poucos quilómetros de Arzúa. A veciñanza ten que defenderse e tamén para iso estamos os Concellos, non imos permitir que pisoteen os intereses das nosas veciñas e veciños” concluíu o alcalde de Arzúa.

Pola súa banda, o equipo de goberno, formado polas agrupacións de Adiante Melide e BNG de Melide, así como a portavoz do PSdeG de Melide, mostran o seu total e firme rexeitamento ao megaproxecto industrial de celulosa do grupo portugués.

Despois de analizar de maneira rigorosa o plan definitivo de Altri e vistas as grandes diferenzas existentes co proxecto de inversión inicial presentado pola empresa hai 3 anos: cámbiase a actividade principal do negocio, pasando de centrarse na produción de fibra téxtil (lyocell) á pasta de celulosa; redúcense drasticamente os postos de traballo prometidos, pasando de 2 500 estimados a unha cifra inferior aos 500; increméntase de maneira preocupante o impacto ambiental estimado (por exemplo, consumirá 1.2 millóns de toneladas de eucalipto ao ano e 46 000 metros cúbicos de auga diarios), etc. O equipo de goberno, formado polas agrupacións de Adiante Melide e BNG de Melide, así como a portavoz do PSdeG, mostran o seu total e firme rexeitamento ao megaproxecto industrial de celulosa do grupo portugués Altri.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello de Melide, pola súa proximidade, será un dos máis afectados polo megaproxecto de Altri e a Xunta de Galicia. Polo que o equipo de goberno considera de interese estratéxico adoptar unha posición decidida na defensa dos intereses dos melidenses e o noso territorio. As alegacións que efectuará o Concello de Melide ao megaproxecto industrial estarán enfocadas en cuestións como o impacto que pode ter na saúde das persoas, afectacións ao Camiño de Santiago, impacto medioambiental e visual, etc.

Etiquetas

altriarzuamelideradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.