ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioEconomía

Os Bonos Corazón mobilizaron case 1,4M€ no comercio e a hostalería de Santiago

28/12/2023.- A campaña dos Bonos Corazón, que finalizou o pasado día 22, concluiu cun volume de vendas de case 1,4 millóns de euros en 560 establecementos de comercio e hostalería de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo hoxe balance do programa, do que se beneficiaron ademais 12.000 persoas.

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de diciembre de 2023 a las 19:44

Compartir

Entre o 17 de novembro e o 22 de decembro, os Bonos Corazón traducíronse nunhas vendas totais de 1.385.930,37 euros. O orzamento municipal destinado ás axudas era de 433.000 euros, e só quedaron sen gastar 4.299,77 euros. Das achegas propias dos usuarios e usuarias, quedaron sen consumir 1.667,48 euros. En total, cada persoa que tiña descargados os Bonos Corazón deixou sen gastar unha media que ronda os 50 céntimos.

Preto de 12.000 persoas descargaran un total de 21.650 bonos de 50 euros, cantidade da que o 40% corría a cargo do Concello e o 60% restante dos consumidores e consumidoras. En canto ao número de establecementos activos na campaña, finalmente foron 560.

A concelleira de Promoción Económica reiterou a boa acollida da convocatoria, «que esgotou os bonos dispoñibles en pouco máis de 30 horas, e que contou cunha moi elevada participación da hostalería e o comercio locais». María Rozas lembrou que «estas axudas foron concibidas pensando nos sectores máis prexudicados pola crise da Covid, e o seu obxectivo segue sendo o mesmo: dinamizar o comercio local fronte á auxe das compras online e das grandes superficies, mais tendo en conta que estamos nun contexto moi diferente ao da pandemia».

Etiquetas

bonos corazoncomerciosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal
Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio
Comarca

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio