ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioDestacado

Os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga a partir deste venres

Os Bonos Corazón poderánse descargar a partir das 9.30 horas de mañá, 17 de novembro, a través da web bonoscorazoncompostela.gal. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou os detalles da nova convocatoria, á que se destina un orzamento de 433.000 euros. A principal novidade é que nesta ocasión só haberá bonos de 50 euros, e cada persoa poderá adquirir un máximo de tres. Como en edicións anteriores, o Concello achegará o 40% do importe do bono.

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de noviembre de 2023 a las 19:24

Compartir

Está previsto que o Boletín Oficial da Provincia publique mañá as bases da convocatoria e, unha vez cumprido ese trámite, os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga. A responsable de Comercio lembrou que «os detalles da convocatoria foron postos en común antes da súa aprobación tanto coas asociacións de comerciantes como coas de hostalería, ás que agradecemos a súa implicación e actitude construtiva».

Tres bonos de 50 euros por persoa

María Rozas explicou que a principal novidade da convocatoria é que haberá un único tipo de bono por un importe de 50 euros, dos que o Concello achegará 20 euros e a persoa beneficiaria os 30 euros restantes. Cada consumidor ou consumidora poderá descargar un máximo de tres bonos. A concelleira sinalou que «o obxectivo foi simplificar o proceso e favorecer que os Bonos Corazón cheguen ao maior número de persoas posible». Nese sentido, lembrou que o Goberno habilitou unha partida de 433.000 euros para a convocatoria, o dobre do que estaba inicialmente reservado nos orzamentos municipais prorrogados. A previsión é que grazas aos Bonos Corazón se mobilice un millón de euros en compras no pequeno comercio e na hostalería. Se cada persoa usuaria solicita o máximo de tres bonos, a convocatoria chegaría a uns 7.200 consumidores e consumidoras.

Compras ata o 22 de decembro

Os Bonos Corazón poderánse utilizar ata o 22 de decembro, e o seu funcionamento será idéntico ao de anteriores edicións. As solicitudes realizaránse a través da web bonoscorazoncompostela.gal, e os bonos terán formato dixital a través dun código QR estarán dispoñibles para a súa utilización na APP Wallet. A responsable técnica do departamento de Comercio, Lucía Castro, explicou que os bonos tamén se poden solicitar presencialmente previa cita a través do enderezo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal ou no teléfono 981 542 492. Desta maneira, apuntou, «trátase de evitar a fenda tecnolóxica, pensando sobre todo na poboación de maior idade».

No momento da compra, as persoas usuarias mostrarán ese código QR para realizar o pago, e o importe do bono irase reducindo ata o seu esgotamento. Os bonos poderánse utilizar nunha ou varias compras ata o 22 de decembro, e a partir desa data os bonos non trocados caducarán.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os establecementos interesados en sumarse ao programa dos Bonos Corazón poden facelo ata o 4 de decembro. A convocatoria está dirixida a negocios de comercio e hostalería, e no caso dos establecementos comerciais establécese a condición de que a súa superficie de venda será inferior aos 500 metros cadrados. O obxectivo, tal e como explicou a concelleira María Rozas, é que a convocatoria beneficie fundamentalmente ao pequeno comercio local.

Etiquetas

bonos corazoncomerciosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal
Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio
Comarca

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio