ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Os bolardos de acceso á cidade histórica entrarán en funcionamento o 19 de setembro

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de septiembre de 2024 a las 19:16

Compartir

12/09/2024 Dentro dunha semana, o 19 de setembro, entrará en funcionamento o sistema de control de accesos á cidade histórica e activaránse os bolardos intelixentes instalados ao abeiro do programa Smartiago. Anunciouno o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, que explicou que con este sistema «procuramos controlar a afluencia de tráfico na zona vella e garantir que só acceden a este ámbito tan sensible da cidade aqueles vehículos que contan coa pertinente autorización». O edil lembrou que, antes da activación do sistema, «o departamento de Tráfico afrontou o proceso de renovación das tarxetas de acceso, nunha actualización das autorizacións que non se levara a cabo nos últimos vinte anos, desde a entrada en vigor da peonalización da zona histórica, en 1993».

Os bolardos intelixentes están instalados nas rúas de Casas Reais, Algalia de Abaixo, Cardeal Payá e Porta da Pena, todos eles en sentido entrada; en San Fins e San Francisco, tanto en sentido entrada como en sentido saída; e na Algalia de Arriba en sentido saída. Tamén existen dispositivos en San Clemente e Porta Faxeira, en sentido entrada; na travesa de Fonseca, en sentido saída, e na rúa de Carretas, en sentido entrada e en sentido saída só con presenza de vehículo.

Xan Duro explicou que a entrada en funcionamento dos bolardos «non modifica os circuitos de circulación que xa estaban en vigor na zona histórica, de maneira que se manteñen os puntos de entrada e saída de vehículos que viñan utilizando os veciños e veciñas». Tampouco hai cambios no que tén que ver coas diferentes modalidades de tarxetas, nin cos horarios de acceso establecidos.

Renovación das tarxetas

O concelleiro de Mobilidade lembrou que antes da posta en funcionamento dos bolardos intelixentes, o departamento de Tráfico abriu o proceso para a renovación das tarxetas de acceso en todas as súas modalidades. Xan Duro explicou que «esta era unha actualización que non se fixera nos últimos 20 anos, de maneira que nas bases de datos figuraban ainda tarxetas de persoas que xa non son residentes no ámbito ou de vehículos que xa non están en circulación». O edil incidiu en que «esta circunstancia dificultaba o control dos accesos, e era preciso afrontar a depuración das bases de datos antes de activar os bolardos».

A día de hoxe, están activas un total de 1371 tarxetas de acceso á zona histórica. Delas, 653 son de residentes, 367 de uso comercial/profesional; 185 son tarxetas de paso e parada, e 157 están vinculadas á Praza de Abastos e polo tanto teñen autorizado o acceso pola praza de San Fiz. Ademais, están concedidas 9 tarxetas por razóns familiares. Cada unha das tarxetas ten asignada unha porta de entrada e saída, mantendo os itinerarios que xa viñan funcionando nos últimos anos.

Melloras técnicas no sistema

O concelleiro de Mobilidade explicou que a posta en funcionamento do sistema sufriu diferentes atrasos, motivados en primeiro lugar porque foi preciso reconfigurar o sistema de bases de datos das matrículas dos vehículos autorizados para acceder á zona histórica, de maneira que se garantira a actualización automática de calquera cambio que se precisara realizar. No novo sistema tamén se integrou o lector de matrículas da rúa de San Pedro, para ter unha maior capacidade de xestión e visualización de todo o conxunto dos sistemas de control de acceso.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais, tanto os datos das bases de datos do sistema como as imaxes das cámaras de control de accesos e o sistema de telefonía foron trasladados de servidores externos a servidores municipais «para lograr un funcionamento do conxunto máis eficaz e cun maior control». Estas melloras técnicas, que precisaron tamén unha fase de probas e nas que participou activamente o departamento municipal de Informática, motivaron atrasos na entrada en funcionamento do sistema. O concelleiro explicou que na primeira semana, «o departamento de Tráfico estará moi atento «por se fora necesarios axustes por parte da empresa que se encargou da implantación do sistema de control, ou ben dos propios técnicos municipais». Xan Duro tamén aclarou que o bolardo situado na rúa de Carretas non estará ainda operativo, por mor dun accidente de tráfico que causou danos no seu armario de control.

Etiquetas

bolardosmobilidadenoticias compostelaradio lider santiagosantiagozona historica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha