Oitenta veciños de Frades visitaron San Andrés de Teixido grazas ao Concello
28 de outubro de 2024.- Un total de oitenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión a San Andrés de Teixido, Cedeira, Valdoviño e Sada organizada polo Concello de Frades. Unha saída que tivo lugar o pasado sábado 26 de outubro e no que a expedición estivo encabezada polo concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra.
Líder Redacción
28 de octubre de 2024 a las 14:23
A expedición saíu de Frades ás 8:00 horas para así chegar a tempo de asistir á misa na capela de San Andrés de Teixido e visitar Cedeira. Tras xantar en Valdoviño, os veciños e veciñas visitaron o feirón de Sada, antes de emprender volta a Frades.



