A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia
12 de maio de 2026.- O polideportivo municipal de Ponte Carreira acolleu esta fin de semana a Gala de Ximnasia Rítmica do Concello de Frades, na que tomaron parte un total de 155 de nenas procedentes de seis escolas deportivas da contorna. Unha xornada de carácter lúdica e non competitiva na que as nenas puideron amosar os coñecementos adquiridos ao longo deste curso.
Líder Redacción
12 de mayo de 2026 a las 22:53
O alcalde en funcións, Manuel Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foron os encargados de entregar cadansúa medalla a todas as ximnastas participantes, así como unhas lambonadas. Os seis equipos participantes foron: Ximnasia Rítmica Frades, Ximnasia Rítmica Mesía, Ximnasia Rítmica Carral, Ximnasia Rítmica Mórrigan (Cambre) e Ximnasia Rítmica Ría do Burgo.



