ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercio

A pista de xeo chega este venres á Alameda de Compostela

20/12/2023 O próximo venres, coincidindo co inicio das vacacións escolares, comeza ‘Alameda en Xogo’, un programa impulsado polos departamentos de Comercio e Lingua, e enmarcado na programación de ‘Compostela, a Estrela do Nadal’. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude deu conta hoxe das actividades, entre as que destacou a apertura dunha pista de xeo ecolóxica, da que se poderá desfrutar de balde. María Rozas incidiu na aposta do Goberno por «unha programación de Nadal moi familiar, moi pensada para o ocio, para termos unhas propostas que sexan moi vividas por todos e todas».

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de diciembre de 2023 a las 13:31

Compartir

Desde o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro, a Alameda será un punto central das actividades de Nadal, grazas ao programa «Alameda en Xogo». Na carpa que xa está instalada haberá diferentes actividades, como unha parede de escalada, un xogo de conos interactivos para poñer a proba os reflexos dos e das participantes; unha piscina de bolas, un xogo de pesca de parrulos, ou outro para aprender a ordeñar unha vaca.

Pista de xeo con reserva previa

Un dos elementos máis atractivos da Alameda en Xogo será a pista de xeo ecolóxica que se vai poder utilizar de balde. Será unha pista de 100 metros cadrados, cunha capacidade de 25 persoas en cada sesión.

Para axilizar as entradas e controlar o aforo poderase realizar unha reserva a través da web appreservas.com/reservas_galileo. As entradas son sen coste, e poderanse reservar como máximo 5 entradas por persoa se se trata de pases normais con patíns, e como máximo 3 entradas se son pases con axuda do patinador e casco a maiores. Tamén se poderán facer as reservas nas propias instalacións, onde haberá monitores para realizar esa xestión e onde tamén se exhibirá o código QR que dirixe á app de reservas.

As actividades da Alameda en Xogo desenvolveranse todos os días de 11h a 14h e de 17h a 20.30h. O 24 e 31 de decembro será só horario de mañá; e os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro estará pechado.

María Rozas aproveitou para anunciar que tamén a partir do venres haberá un novo elemento de xogo na praza Roxa, outra mininoria, que se instalará ao carón do tren infantil.

Pasarrúas para a dinamización comercial

A concelleira de Promoción Económica tamén deu conta doutra iniciativa para a dinamización comercial nestas datas, que comezará esta mesma tarde. Trátase dun espectáculo de pasarrúas a cargo de Troula Animación, co espectáculo «A luz do camiño», similar ao que se puido ver na xornada de encendido da iluminación de Nadal. Os percorridos comezarán ás 18.00 horas, e terán unha duración dalgo máis dunha hora.

Esta tarde, o pasarrúas será no Ensanche, con saída desde Frei Rosendo Salvado e remate na Praza Roxa, pasando por Ramón Cabanillas, República Arxentina, Xeneral Pardiñas, Carreira do Conde, Rapa da Folla, Montero Ríos, Alfredo Brañas e República do Salvador.

Mañá, o espectáculo poderase ver na zona histórica, con saída desde Concheiros, pasando por rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Casas Reais, Cervantes, Preguntoiro, Caldeirería, Orfas e Cantón do Toural, para rematar na Praza do Toural.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os pasarrúas repetiránse os días 3 e 4 de xaneiro, tamén no Ensanche e na zona vella. Durante os percorridos, regalaránselle ao público as estrelas do Nadal compostelán.

Etiquetas

alameda en xogocomercionadalsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal
Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio
Comarca

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio