ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

O último espectáculo do Zoelas chega a Arzúa o Día das Letras Galegas

Arzúa, 14 de maio de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, dirixido polo concelleiro José Luís García, continúa desenvolvendo os diferentes actos da programación Primavera de Cultura chegando este venres, 17 de maio, a un dos actos centrais do programa coa celebración do Día das Letras Galegas.

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de mayo de 2024 a las 13:58

Compartir

Este venres chega a Arzúa o último espectáculo do grupo Zoelas baixo o título de «Des(a)fiada». O mesmo terá lugar na Casa da Cultura ás 19:00 horas coa entrada libre e de balde ata completar a capacidade.

Zoelas é un grupo que emerxe nas terras rurais do interior de Galicia. Tres voces femininas e arranxos pouco comúns da man de instrumentos como a zanfona, a requinta ou a guitarra, acompañan ás letras de composición propia tomando como principios e valores básicos a visibilidade da muller, o idioma e o rural.

O proxecto-espectáculo “Des(a)fiada” pretende analizar cal foi a posición da muller no rural de Galicia nos grandes acontecementos da historia a través dos seus propios testemuños. O espectáculo músico-audiovisual, achegará ao público vivenzas no tempo da guerra e posguerra, na emigración, a emancipación da muller a través do negocio da costura ou a diversidade no rural.

Non é este o único evento que, dentro da programación Primavera de Cultura, homenaxea ás nosas Letras. Xa que, por exemplo, o vindeiro 31 de maio os escolares de primaria de Arzúa participarán nun contacontos que dará a coñecer a figura de Luísa Villalta e a súa obra.

Dende o Departamento de Cultura tamén se recorda que esta semana, do xoves 16 ao sábado 18 son os últimos días para visitar na Capela da Madanela a exposición de pintura e fotografía do colectivo Lucet con obras de nove artistas que abre en horario 18:30 a 20:30 horas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a asistir ás diferentes propostas culturais que se ofrecen «co ánimo de defender e promover o uso e coñecemento da nosa lingua, algo que nos propoñemos durante todo o ano dende a concellaría que dirixo, pero que esta semana corresponde visibilizar máis ca nunca».

Etiquetas

arzuaculturadia das letras galegasradio lider santiagozoelas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.