ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportes

O Trail da Baña celebrarase o domingo 6 de outubro

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de agosto de 2024 a las 12:50

Compartir
  • As inscricións xa están abertas na páxina carreirasgalegas.com
  • Conta cunha carreira absoluta de 28 quilómetros, un minitrail de 16Km, un trial promesa de 8Km e unha andaina non competitiva
  • Poden participar todas as persoas que o desexen, federadas ou non

O Trail da Baña chegará o domingo 6 de outubro á súa sétima edición, a primeira na que será puntuable para o ranking do Circuíto Galicia Trail Running Series, dependente da Federación Galega de Atletismo. O presidente deste organismo, Iván Sanmartín, acompañou na presentación da proba ao alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e a concelleira de Deportes, Ana Pensado. Tamén participou no acto Borja Collar, responsable de BJ Trainers&co., a empresa encargada da organización.

Ademais de entrar no Circuíto Galicia Trail Running Series, o VII Trail da Baña contará como novidade con clasificacións específicas para as categorías Sub 16 e Sub 18. Estas persoas mozas correrán na proba de 8 quilómetros, aberta tamén a todas as persoas adultas que queiran participar.

O Trail da Baña terá un total de catro modalidades: un trail de 28 quilómetros cun desnivel acumulado de 1.000 metros, un minitrail de 16 quilómetros cun desnivel de 650 metros, un trail promesa de 8 quilómetros e unha andaina non competitiva de 8 quilómetros. A idade mínima de participación é de 12 anos. Os menores deberán ir obrigatoriamente na compaña dunha persoa maior de idade.

As distancias de trail longo contarán coas categorías sénior (dende 2006), máster 1 (persoas nadas entre 1989 e 1979), máster 2 (persoas nadas en 1978 e anos anteriores) e absoluta. No trail curto eastablécense as categorías Sub 20, Sub 18, Sub 12, sénior e absoluta. Haberá premios para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres de cada categoría, así como para os tres primeiros clubs clasificados, os tres clubs con maior participación e os mellores atletas locais.

Puntuarán para o ranking galego as probas de trail longo de 28 quilómetros nas categorías Classic Sub 23, absoluto e máster. Na proba curta, de 8 quilómetros, quedarán rexistradas as marcas en Preclassic Sub 20, Sub 18 e Sub 16.

A saída efectuarase dende o pavillón de San Vicenzo a partir das 9.45 horas, cando comece o trail. Sairá logo o minitrail, ás 9.55 horas; e o trail promesas, ás 10.00h. A andaina poñerase en marcha cinco minutos despois, ás 10.05h.

As inscricións quedarán abertas dende o martes 6 de agosto ao martes 1 de outubro na páxina www.carreirasgalegas.com. O prezo é de 18€ para o trail, 15€ para o minitrail, 12€ para o trail promesas e 9€ para a andaina. Todas as persoas participantes recibirán un agasallo, contarán con varios puntos de abastecemento ao longo do percorrido e poderán gozar dun catering final, no que tamén terán a oportunidade de coñecer e saborear as tradicionais filloas da pedra da Baña.

Probas que combinan deporte e natureza

Durante a presentación, o alcalde da Baña destacou a aposta do Concello da Baña por este tipo de probas que combinan deporte e aventura co contacto coa natureza. José Antonio Pereira incidiu en que o percorrido permitirá coñecer e desfrutar de fermosas paraxes, comezando polo treito á beira do río Alvariña, e animou á participación co obxectivo de superar as preto de 300 persoas que se deron cita na pasada edición.

Na mesma liña se manifestou a concelleira de Deportes, Ana Pensado, quen se referiu ao Trail da Baña como unha proba de referencia na comarca do Val do Barcala.

Iván Sanmartín, pola súa parte, destacou a normativa ecolóxica que se aplica no Circuíto Galicia Trail Running Series, que, entre outras medidas, supón a utilización dunha cinta reutilizable para marcar o percorrido ou que obriga ás persoas participantes a levar un recipiente para ir reenchendo de agua coa fin de evitar os envases de plástico.

As bases do trail poden consultarse na páxina web do Concello da Baña: www.concellodabana.gal.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

a bañadeportesradio lider santiagotrail
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A bañense Aitana Capeáns conquista o ouro en Fuerteventura cun lanzamento de 15,41 metros
Deportes

A bañense Aitana Capeáns conquista o ouro en Fuerteventura cun lanzamento de 15,41 metros

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock