ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSociedad

O teatro amador volve á rede de centros socioculturais, da man do ciclo «Fegateatro»

18/06/2024 O programa de teatro amador Fegateatro chegará este ano a dez centros socioculturais de Santiago, «ampliando a oferta cultural da rede, contribuíndo á creación de novos públicos e apoiando as compañías de teatro afeccionado». O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que participaron tamén a presidenta de Fegatea, Chelo Pampillón, e a súa vicepresidenta Ana María Rodríguez.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de junio de 2024 a las 19:41

Compartir

A Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, volverá tomar os escenarios da rede de centros socioculturais, cun total de dez representacións que comezarán o próximo día 21 no centro sociocultural de Lamascal. A última actuación está prevista para o 9 de novembro no Romaño, e antes as compañías de teatro afeccionado tomarán os CSC de Figueiras, Castiñeiriño, Vite, A Rocha, Conxo, As Fontiñas, cidade histórica e Santa Marta. Por eles pasarán as compañías Teatro Escoitade, Atrezo Teatro, Teatro Pesadelo, Fauna 113, Paso de Valverde, Rueiro e Asociación Dramatúrxica Pico do Castro de Foz.

O concelleiro de Centros Socioculturais fixo unha chamada á veciñanza a participar desta proposta, «que tén como obxectivo ampliar a oferta cultural, e contribuír á creación de novos públicos, chegando a espazos que non teñen unha programación teatral estable». Ademais, Xan Duro lembrou que o teatro amador «representa a esencia dos centros socioculturais, cumprindo unha función social e non só artística, creando lazos comunitarios entre todas as persoas que participan nos ensaios e se soben aos escenarios».

Federación Galega de Teatro Afeccionado

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Federación Galega de Teatro Afeccionado, está formada por 67 grupos de toda Galicia. Ao longo da súa historia, FEGATEA afianzouse como axente cultural imprescindible para a creación de novos públicos e a promoción da cultura e a lingua galega. Fíxoo organizando e participando de diferentes actividades que fomentan programacións teatrais estables en espazos diversificados, como é o caso dos centros socioculturais de Compostela.

Etiquetas

centros socioculturaiscompostelaradio lider santiagosantiagoteatro afeccionado
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.