ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PSOE de Santiago alerta da desorganización do Concello no comezo do curso

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de agosto de 2025 a las 16:54

Compartir
  • As tarefas de limpeza xeral dos centros sofren un adiamento a poucos días de comezar o curso.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025. O Grupo Municipal Socialista denuncia a falta de previsión do goberno da alcaldesa nacionalista Goretti Sanmartín na posta a punto dos centros de educación infantil e primaria de cara ao inicio do curso escolar.

Segundo trasladaron as traballadoras do servizo ao Grupo Municipal, as tarefas de limpeza xeral, que deberían realizarse durante o mes de agosto segundo recolle o prego do contrato, non comezarán ata o 1 de setembro.

Ademais dos prazos axustados para realizar as limpezas xerais dos centros, o feito de que nalgúns deles se estean a acometer traballos de reparación e mantemento supoñen unha carga de traballo desproporcionada para as traballadoras quen se ven na obriga de redobrar esforzos.

Para as e os socialistas de Santiago de Compostela, resulta inadmisíbel que, a poucos días da apertura das aulas, non exista un reforzo suficiente do servizo de limpeza. A improvisación do executivo local terá como resultado que nenos e nenas se atopen con colexios con po, restos de obra e sen as condicións mínimas de hixiene e salubridade que deberían estar garantidas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esiximos que o goberno municipal actúe con responsabilidade e reforce de inmediato os equipos de limpeza, asegurando que todos os centros educativos estean preparados a tempo para acoller á comunidade escolar.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.