ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O PSOE de Ordes pide que o Concello rectifique e apoie a residencia de maiores financiada pola Deputación

 

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de octubre de 2025 a las 11:16

Concello de Ordes | Arquivo

Compartir
  • As socialistas ordenses, a través da concelleira Noelia Rivadas, lamentan o voto en contra do Partido Popular, que aposta por perpetuar o modelo asistencial caduco
  • A concelleira socialista Noelia Rivadas presentou no último Pleno unha moción na que o PSdeG-PSOE de Ordes reclama que o Concello apoie a construción dunha nova residencia de maiores financiada integramente pola Deputación da Coruña, baseada no modelo europeo de coidados centrado na dignidade, autonomía e calidade de vida das persoas usuarias.

A Deputación da Coruña ofrece a Ordes unha oportunidade histórica: levantar unha residencia de vangarda, con apartamentos individuais, zonas verdes, espazos amplos e áreas de convivencia e lecer, asumindo de forma voluntaria unha competencia que correspondería á Xunta de Galicia. Porén, o goberno municipal do Partido Popular rexeitou a moción socialista e opta destinar os terreos anexos á residencia co obxectivo de ampliar a infraestrutura existente. “Con esta decisión, o PP renuncia a avanzar e escolle perpetuar un modelo asistencial caduco, baseado en habitacións compartidas e sen zonas verdes nin espazos dignos de convivencia”, advertiu Rivadas.

Desde o grupo socialista consideran “incomprensible” que o Concello rexeite un proxecto moderno, financiado por outra administración e pensado para situar Ordes como referente en coidados ás persoas maiores. “A Deputación está a facer o que debería facer a Xunta, e o Concello, no canto de aproveitar esa oportunidade, prefire seguir ancorado no pasado”, engadiu a concelleira.

A moción socialista propón destinar os terreos recentemente adquiridos xunto á residencia actual á creación dun espazo verde e de lecer, que sirva para mellorar as condicións das persoas usuarias actuais, mentres se buscan novos terreos adecuados para construír a nova residencia de vangarda proposta pola Deputación da Coruña.

“O noso obxectivo é garantir un futuro digno e humano para as persoas maiores de Ordes. Temos ao noso alcance unha residencia do futuro, e o PP está escollendo a do pasado”, subliñou Rivadas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O PSdeG-PSOE insta o goberno municipal a rectificar e sumarse ao proxecto da Deputación, “en lugar de poñer paus nas rodas e manter un modelo superado que non responde ás necesidades reais da veciñanza”.

Etiquetas

ordespoliticaresidencia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo