ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PSOE compostelán reclama dilixencia na limpeza de pintadas e graffitis no espazo público

 

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de febrero de 2025 a las 17:06

Arquivo

Compartir
  • A edil socialista Mila Castro advirte de que este tipo de actos se están a incrementar sobre as fachadas privadas, e pregunta se está en funcionamento o servizo gratuíto habilitado no 2021 para atender solicitudes de limpeza de particulares

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2024. O Grupo Municipal Socialista advirte dun incremento de pintadas e graffitis no espazo público, sobre todo no ámbito do casco histórico. Así o fixo Mila Castro, logo de recibir diferentes denuncias de veciñas e veciños que advirten desta situación, que se está a intensificar, sobre todo, nas fachadas privadas. Ante isto, a edil socialista preguntará polo servizo gratuíto que se puxera en marcha no 2021 para atallar este tipo de pintadas e atender solicitudes de limpeza de particulares.

“É un servizo que funcionou moi ben, chegando a atender arredor de 10 pintadas por semana e que permitía actuar nesas fachadas privadas” explica Castro, quen xa preguntara por esta cuestión en abril do 2024. Desde entón, insiste, non só non percibiron “pasos adiante” senón que a situación de “descoidado dos espazos públicos foi a máis”. Lembra, neste sentido, que a pesar de que no pleno desde mes de abril de hai case un ano, a tenente de alcaldesa, María Rozas, cualificou este servizo de “interesante” pero, desde aquela, “non tivemos noticias sobre o obradoiro de emprego co que se canalizaban estas actuacións”.

Este programa de actuación sobre fachadas privadas a instancia dos par8culares puxérao en marcha o goberno socialista en outubro de 2021 ligado, precisamente, a programas da concellería de Emprego. Un servizo que, lembran desde as filas socialistas, no 2023 realizou máis de 300 actuacións.

Agora, reclaman coñecer se houbo avances para darlle continuidade a este programa e queren coñecer os plans do execu8vo de Sanmartín para poder actuar sobre estes espazos nos que non pode facelo o servizo ligado á empresa responsable da concesión de limpeza viaria, sobre a que, en todo caso, piden “maior control” para garantir que “nas fachadas de dominio público non aparecen este tipo de pintadas”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Mila Castro que insiste en que, a limpeza destes graffitis, é “moi importante” para “evitar danos na estética dos espazos urbanos, manter uns espazos públicos limpos e de calidade e, tamén, para reforzar a sensación de seguridade nesas contornas”.

Etiquetas

composteladenunciapintadaspoliticapsoesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo