ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PSOE compostelán dubida en apoiar a ordenanza das VUT

Denuncia que a alcaldesa contaba con un informe previo que xa advertía da imposibilidade de incluír os usos preexistentes: “por que a alcaldesa non informou cando tivo coñecemento de ese informe?”

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de junio de 2024 a las 21:29

Aitor Bouza e Marta Santullano na rolda de prensa

Compartir

Reclámalle celeridade a Sanmartín na declaración de Santiago como zona residencial tensionada porque “a política de vivenda non só se pode basear en anuncios e intencións”

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024. Trátase dun “texto inacabado e reiterativo”, con estas palabras saíu este xoves ao paso o secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, logo de que o executivo de Sanmartín presentase o borrador de ordenanza relativo á regulación das vivendas de uso turístico. Bouza insiste en que a alcaldesa “incumpriu o seu compromiso” ao non dar acubillo no borrador de ordenanza aos usos preexistentes.

Neste sentido, lembra unhas declaracións da propia Sanmartín que datan do 16 de maio de 2023, nas que a actual alcaldesa indicaba como “complemento imprescindíbel” que a ordenanza “desenvolva os usos preexistentes”. Critica con isto Bouza que, desde entón ata hoxe “vimos como o goberno seguía insis3ndo permanentemente en que se tiña que dar saída ás vivendas de uso turístico que estaban consolidadas e constituídas previamente”.

De feito, advirte de que o propio informe xurídico no que o goberno local se xus3fica para “incumprir co compromiso coa cidadanía” e excluír da ordenanza os usos preexistentes, confirma que en este mesmo ano xa se emitiu outro informe previo no que se constataba esa imposibilidade: “entón preguntámonos, de que data é ese informe e por que a alcaldesa non informou candotivo coñecemento?”. Bouza acusa ao bipartito de actuar con “moi pouca transparencia” e de “intentar darlle ao balón para diante” en lugar de “dar a cara para responder a unha necesidade e un compromiso que se tivo con toda a cidadanía”.

“A política de vivenda non só se pode basear en anuncios e intencións”

Aitor Bouza aproveitou esta cuestión para arremeter contra o executivo de Sanmartín pola dilación en outra das políticas de vivenda que abandeiraron desde as filas socialistas: a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado para poder poñer tope ao prezo dos alugueiros. Neste sentido, Bouza criticou que “do mesmo xeito que non entendemos por que se tardou un ano en presentar este texto, non entendemos que a día de hoxe non se realizaran os trámites perceptivos e obrigatorios para poder declarar Santiago zona tensionada”.

Así, os socialistas dubidan do compromiso de Sanmartín en materia de vivenda, e reclámanlle celeridade tamén en esta cuestión “urxente e vital” insiste Bouza, “para a mocidade e as persoas con poucos recursos da nosa cidade”. Lembra ademais que xa pasaron seis meses desde que se aprobou esta cuestión en pleno a iniciativa dos socialistas “sen que haxa novidades desde entón”.

Precisamente, sobre as intencións do bipartito co actual borrador de ordenanza das VUT critica que se faga só “para xustificarse” e que o goberno municipal “poida dicir que fixo unha ordenanza, pero as cousas non son así”.

“Non podemos asegurar nin confirmar o noso apoio favorable a esta ordenanza”

Aitor Bouza insistiu en que o borrador de ordenanza presentado polo execu3vo de Sanmartín non inclúe “nada novo” respecto a modificación do PXOM que os socialistas impulsaron durante o pasado mandato. Nese sentido, recalca que, tal e como recolle o propio informe xurídico, a ordenanza só regula un “trámite” que, precisamente, podería abordarse a través dunha modificación da ordenanza que tramitación de licenzas, toda vez que se trata só de establecer as condicións nas que se debe realizar a comunicación previa para operar, durante dous meses ao ano, como vivenda turísticas que se destinan con carácter ordinario ao alugueiro convencional. Algo que xa incluíran os socialistas na súa modificación do Plan.

A pesar disto, Bouza non comulga coas “formas nas que se está a levar a cabo esta cuestión”, polo que recoñece non poder “asegurar nin confirmar o noso apoio favorable a esta ordenanza”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Insiste en que esta postura non se debe nin ao “fondo” nin ao “contido” da norma, senón “polas formas e polas ausencias”: “quen dea por descontado o apoio dos socialistas se equivoca”. Así, anuncia que escoitarán aos colectivos implicados e ao tecido social para decidir o seu sentido do voto, aínda que adianta que será “con responsabilidade e en clave de cidade”: “o que non pode pensar o goberno é un chegue en branco permanente”.

Imaxe: Aitor Bouza e Marta Santullano na rolda de prensa

Etiquetas

compostelapoliticapsoeradio lider santiagosantiagoVUT
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.