ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

O programa Amessán pecha o curso con preto de 800 participantes

Este domingo 16 de xuño, o pavillón do CEIP Agro do Muíño acolleu a clausura do programa Amessán 2023-2024, no que de outubro a maio unhas 775 persoas maiores de 60 anos e persoas con discapacidade funcional, participaron nunha ampla oferta de actividades saudables

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de junio de 2024 a las 16:57

Compartir

Ademais, xa está aberto o prazo para participar no campamento sénior Amessán durante o mes de xullo

Ames, 31 de maio de 2024.- Este domingo 16 de xuño, o pavillón do CEIP Agro do Muíño acolleu a clausura do programa Amessán 2023-2024, no que de outubro a maio unhas 775 persoas maiores de 60 anos e persoas con discapacidade funcional, participaron nunha ampla oferta de actividades saudables. A través deste programa, promovido pola Concellería de Benestar Social e Voluntariado, impartíronse diversos cursos e actividades en Bertamiráns e no Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tapia, Tarroeira, Trasmonte e Oca. Ademais, xa está aberto o prazo para participar no campamento sénior Amessán durante o mes de xullo.

O programa Amessán, dirixido a persoas de 60 anos en diante, é unha iniciativa de envellecemento activo conformada arredor de obradoiros e ocio saudable. A programación deste ano incluíu obradoiros de manualidades, de memoria e de “fío e agulla”, así como de música tradicional galega. Tamén se ofertou ximnasia terapéutica, clases de guitarra e canto coral. Por outra banda, volvéronse a impartir actividades de musicoterapia, bailoterapia ou o baile en liña, novidades das anteriores edicións que tiveron gran éxito.

Durante o curso 2023-2024, de outubro a maio, participaron un total de 775 persoas maiores de 60 anos e persoas con discapacidade funcional. Houbo unha participación media de 20 usuarios/as por actividade.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica que “o programa Amessán é un dos programas que mellor funcionan dos organizados polo Concello de Ames. Ten varias vertentes, sendo a máis destacada de todas elas o envellecemento activo. A intención desta Concellaría é espallar as actividades por todo o municipio, por iso durante este curso abrimos outro grupo na parroquia de Tapia. Agora para o mes de xullo dispoñemos do campionato sénior, que no que teñen preferencia os/as usuarios/as do programa Amessán”.

Ao longo do curso, no marco do programa Amessán celébranse diferentes eventos especiais, que se suman ás actividades habituais do programa. Deste xeito, ao longo deste período 2023-2024, celebrouse unha foliada de Nadal e unha festa de Entroido. Na liña destas celebracións eventuais do Amessán, e coincidindo co remate desta edición do programa, celebrouse unha festa de clausura.

Festa de clausura do programa Amessán

Este domingo 16 de xuño, o pavillón do CEIP Agro do Muíño acolleu a clausura do programa Amessán 2023-2024. En dita festa actuaron o coro de Bertamiráns, o grupo de música tradicional e mailo alumnado de guitarra. Tamén houbo unha actuación musical a cargo de Luis Rey. Durante este tempo, acompañadas por Luis Rey, os grupos de baile realizaron coreografías de baile. Por último, houbo un desfile de creacións “Agulla e fío” amenizado por Luis Rey.

Campamento sénior Amessán

Por outra banda, por cuarto ano consecutivo a Concellaría de Benestar Social e Voluntariado organiza durante o mes de xullo o campamento sénior Amessán 2024, que está dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Ames. As actividades desenvolveranse en horario de mañá os martes e xoves do mes de xullo. Haberá actividades deportivas adaptadas, xogos, excursións, andainas e moio máis.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Xa está aberto o prazo de inscrición. Para elo hai que enviar un correo electrónico a voluntariado@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 662 377 044. Terán preferencia no proceso de inscrición as persoas que participaron no programa Amessán ao longo do curso 2023-2024.

Etiquetas

amesamessanradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego